Na mañá de hoxe 4 de decembro Manoli Romero e Elena Pereiro, da Cruz Vermella, levaron a cabo un obradoiro con 3º de ESO sobre hábitos alimenticios. Dende as clásicas pirámides alimenticias ata as enfermidades máis comúns asociadas a unha incorrecta nutrición, Manoli e Elena interactuaron co alumnado do IES Carlos Casares durante preto de dúas horas, tendo como ferramentas de traballo a palabra e os medios audiovisuais. Grazas por estar hoxe con nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario