O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 5 de decembro de 2013

Formación para a mediación escolar

Nas xornadas dos últimos dous martes 26 de novembro e 3 de decembro, o noso centro estivo representado no CEIP Manuel Respino de A Rúa de Valdeorras, a través dos profesores Susana Fernández e Carlos Ferreiro, que impartiron dúas sesións formativas baixo o título "A mediación como mecanismo na resolución pacífica de conflitos e na mellora da convivencia".

A actividade ía dirixida aos compañeiros e compañeiras rueses, que tratan de establecer un novo Plan de Convivencia no seu centro. O ambiente cercano e a interacción cos asistentes foi a tónica destas dúas sesións, que manifestaron a preocupación por unha escola máis integrada na súa bisbarra, máis solidaria e focalizada encontidos de crecemento persoal e emocional, cidadanía responsable e que fomente as competencias básicas, especialmente as de Autonomía e Iniciativa Persoal e Aprender a Aprender, tan integradas nas dinámicas de Mediación. Dende aquí queremos dar as grazas aos compañeiros da Rúa pola súa acollida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario