Carlos F. | Enmarcada no Proxecto Cooperación Galega: O mundo que queremos,
do Plan Proxecta da Consellería de Educación, tivo lugar hoxe a
representación da obra teatral do grupo coruñés Teatro da Oprimida, A viaxe de Ana,
que a través da personaxe dunha licenciada universitaria peruana que
busca un futuro mellor en España, plantexa temáticas como a xenofobia, a
discriminación da muller no traballo ou o acoso sexual.
A dinámica do
Teatro da Oprimida, que nace no Brasil e está vencellada a pedagoxía de
Paulo Freire, busca que o espectador reflexione públicamente sobre os
temas de cada obra, ofreza alternativas e mesmo as plasme como actor
improvisado no escenario. O alumnado de 1º e 2º de ESO converteuse en
aprendiz aventaxado deste sistema, e tanto María Alonso, como Carlos
Cabanas ou Aarón Diéguez pisaron as táboas con gran soltura.
Posiblemente as compañeiras actrices que nos visitaron hoxe voltarán en
non moito tempo por Viana para mostrarnos
algunha das súas novas montaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario