Ovidio V. | Un ano máis despedimos unha promoción. Un ano máis temos a sensación de que o tempo voa, de que vai con présa de máis.
Nuria e Javier, nun momento do seu discurso (imaxe: Ansemil) |
Un ano máis reunímonos para compartir moitas das anécdotas das nosas fillas e fillos no Carlos Casares nestes anos anteriores. Nun sinxelo e emotivo acto, despedimos á promoción de 2º de Bacharelato que neste ano 2014 remata os seus estudos. Palabras sentidas e emocionadas de Ricarda, Nuria, Javier e Montse, que falan de futuro, de boa sorte e de poder contar sempre coa xente que nos quere ben. Moi boa sorte, peques!
Galería completa de imaxes (Ansemil)
Noraboa a todos e todas. Moita sorte.
ResponderEliminarLuis (Bogotá)
Noraboa rapaces!!! Foi un pracer darvos clase cando estabades en 2º ESO (como pasa o tempo, dior mío!!). Moitísima sorte!!!!
ResponderEliminarAlicia (Santiago)