domingo, 9 de novembro de 2014

CEAM Viérnoles, día 5

Carlos | A última mañá de estancia no CEAm comezou tendo que facer as maletas e logo de almorzar tivemos dous talleres que dirixiron os profes de Viana e Cortegana. O taller que propuxeron os de Cortegana era un dominó do cambio climático, consistía nun xogo de catástrofes que podían aparecer por culpa do cambio climático e estivemos barallando distintas opcións para diminuír o quecemento global. Acto seguido fixemos un xogo para aprender a que colector debería ir cada material.

O taller que dirixiron Jose e Monse chamábase “Xogo dos cubos solidarios”, repartíronnos en grupos asignándonos un pais (Canadá, Chile, Filipinas e Etiopía), e co material que nos daban (non o mesmo a cada un) tiñamos que facer cubos. Con este xogo se reflictían as distintas oportunidades nos países. Falamos de que é inxusto que unha persoa por nacer en España, Canadá, Alemania teña maior número de oportunidades que outra persoa que nacese en Etiopía ou Filipinas e que non é de todo xusta a frase de “Son o que son por nacer onde nacín”.
Despois disto e da comida tocou a despedida logo de cinco días xuntos cos rapaces e rapazas de Cortegana e a promesa de seguir en contacto a lo menos a través do Whatsapp.

Durante a estancia do CEAm algúns compañeiros nosos fixeron de reporteiros fotográficos e blogeiros, o resultado podédelo ver no seguinte enlace (http://ceamcantabria.blogspot.com.es/)

Ningún comentario:

Publicar un comentario