Carlos | A última mañá de estancia no CEAm comezou tendo que
facer as maletas e logo de almorzar tivemos dous talleres que dirixiron
os profes de Viana e Cortegana. O taller que propuxeron os de Cortegana era un dominó do cambio
climático, consistía nun xogo de catástrofes que podían aparecer por
culpa do cambio climático e estivemos barallando distintas opcións para
diminuír o quecemento global. Acto seguido fixemos un xogo para aprender
a que colector debería ir cada material.
O taller que dirixiron Jose e Monse
chamábase “Xogo dos cubos solidarios”, repartíronnos en grupos
asignándonos un pais (Canadá, Chile, Filipinas e Etiopía), e co material
que nos daban (non o mesmo a cada un) tiñamos que facer cubos. Con este
xogo se reflictían as distintas oportunidades nos países. Falamos de
que é inxusto que unha persoa por nacer en España, Canadá, Alemania teña
maior número de oportunidades que outra persoa que nacese en Etiopía ou
Filipinas e que non é de todo xusta a frase de “Son o que son por nacer
onde nacín”.
Despois disto e da comida tocou a despedida logo de cinco días xuntos cos rapaces e rapazas de Cortegana e a promesa de seguir en contacto a lo menos a través do Whatsapp.
Despois disto e da comida tocou a despedida logo de cinco días xuntos cos rapaces e rapazas de Cortegana e a promesa de seguir en contacto a lo menos a través do Whatsapp.
Durante a estancia do CEAm algúns
compañeiros nosos fixeron de reporteiros fotográficos e blogeiros, o
resultado podédelo ver no seguinte enlace (http://ceamcantabria.blogspot.com.es/)
Ningún comentario:
Publicar un comentario