Adrián P. | O pasado venres 21 de novembro de 2014, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO
puidemos visitar a edición de Galiciencia 2014 no Parque Tecnolóxico de
Ourense. Alí explicáronnos os procesos de cristalización, ademáis de
explicarnos a repercusión das investigacións nese campo de diferentes
científicos que gañaron o Premio Nobel. Noutra sala tivemos unha clase
práctica sobre a importancia das ondas, con experimentos musicais e xogos
estilo "Guillermo Tell". Ao final dirixímonos a unha carpa onde
desfrutamos dos experimentos dos centros seleccionados para a fase final
de Galiciencia 2014.
O alumnado do IES Carlos Casares, que tamén participou no certame de fotografía Galiciencia 2014 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario