O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de maio de 2015

Obradoiro de Rugby

J. González Lamas | A semana pasada, do 27 ao 30 de abril, tiveron un lugar unha serie de obradoiros de iniciación ao rugby artellados dende o departamento de Educación física en colaboración co Campus Ourense Rugby de Ourense.


Neles os mozos e mozas de distintos grupos aprenderon as técnicas básicas de evasión, contacto seguro e pase de balón. A monitorización desta actividade contou na súa clausura cun adestrador de excepción, Américo Gomes, responsabel do programa formativo nas escolas para a difusión do rugby entre os máis novos. Dende o IES Carlos Casares reiteramos o noso agrademento ao Campus Ourense Rugby e agardamos poder volver atoparnos na próxima melé.

Ningún comentario:

Publicar un comentario