O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 8 de maio de 2015

Parabéns, Irea...

Irea, nunha das múltiples actividades nas que participa
C. Ferreiro | A nosa alumna de 4º de ESO, Irea Rodríguez Cañueto resultou galardonada cun áccesit no I Certame de relato breve María Varela. O xurado considerou outorgar ese premio "pola orixinalidade do estilo, que por veces se achega a prosa poética". Tras a lectura do texto só podo engadir que me parece unha fermosísima reflexión sobre a vida e a literatura, e que nos fai reflexionar sobre os concepctos de creatividade e liberdade. Luis Cernuda falaba do amor como "El instante desmesurado, el único capaz de arrancarnos al Tiempo". Irea transmite no relato a idea de que a creación literaria é tamén un espazo de liberación e de afirmación.

Moitas felicidades Irea, e a seguir sendo unha "letraferida"...

Ningún comentario:

Publicar un comentario