Os días 10 e 11 de setembro, Carlos Ferreiro, como director e
representante do IES Carlos Casares, impartiu en Bogotá as II Xornadas
de Mediación Xesús R. Jares, acompañado polos profesores María Sánchez e
Rubén Pajares, do CCEE Reyes Católicos da capital colombiana.
Para o
noso centro foi unha honra estar representados neste curso e ter a
ocasión de levar á Mediación a alumnado dos colexios públicos bogotanos
Divino Maestro, Agustín Fernández e Unión Colombia, que se atopan
enclavados nunha área moi desfavorecida da zona norte da cidade.
Merece
especial mención, o feito de que as sesións se impartiron na Fundación
Amiguitos Royal, unha entidade que coida e protexe a nais embarazadas e
menores en risco de desnutrición. Na Fundación puidemos ver como un
grupo de profesionais, dirixidos por María del Pilar Gómez, adicaban as
mellores atencións, sorrisos e coidados a estes rapaces.
Non quero pasar sen agradecer a Pilar o trato exquisito e agarimoso, e a
Luis Fernández, Rector do Reyes Católicos, o noso querido Luis, a
ocasión de afrontar esta fermosa tarefa xunto a escolas que deben previr
situacións de desamparo e violencia por situacións económicas inxustas e
dramáticas. Foi para min, para os que alí estivemos unha experiencia
vital impresionante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario