Preto de 20 centros educativos nos xuntamos durante dúas festivas xornadas en Pontedeume. O obxectivo, afianzar a conciencia de grupo a favor dunha convivencia positiva.
Esta é a cuarta edición dunha cita anual que ten un oco fixo no noso calendario. Desta volta estamos a traballar a xestión das emocións, algo vital para as persoas. Onte 28, logo dun produtivo openspace entre alumnado, profesorado e familias, puidemos tamén coñecernos a nós mesmos un pouco máis, intercambiar experiencias en xogos e dinámicas de grupo e profundar na galaxia das emocións da man de Rafael Bisquerra.
Acabamos de espertar... Que nos deparará a xornada de hoxe?
Ningún comentario:
Publicar un comentario