Tomé e Samuel. Ás 8 comezou a sonar a radio, levantámonos
con moito sono, xa que tivemos unha viaxe moi longa e unha noite "algo
axitada". Ás 8:30 debemos reunirnos no patio para ir almorzar. No
comedor facemos como no insti, hai encargados.
Na primera parte da mañá despois de explicarnos as regras destes
días en casa Fanlo fixemos una xincana para coñecer mellor o pobo
(forno, escola, cemiterio...).
Logo de tomar o "tentempé " comezamos os tajos/traballos: dar de
comer aos animais, poñer valados, traballar na horta, picar muros...
Despois dunha mañá sen descanso comimos ás 2 e nos fomos de
camiñata a Polituara, outro pobo abandonado ao outro lado do encoro e
que agora tamén o están a reconstruir.
Tivemos a merenda e tocou despois a reunión do proxecto que faremos
os de Viana. Ceamos, deixáronnos os móbiles e, por último, xogamos ao
escondite de noite por Bubal.
Ás 12 da noite silencio total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario