xoves, 20 de outubro de 2016

Martes 18: Unha visita de antigos habitantes de Búbal

Laura e Alba Losada. O día de hoxe comezou cunha larga mañá de traballos repartidos (sachar cenouras, facer cemento, cortar leña, limpar cuadras...) e logo un ben merecido tentempé. Despois dun descanso fixemos un taller de antropoloxía (estudo das persoas e costumes na antigüedade).


Unha vez rematado o almorzo, elaboramos unha harmoniosa xincana en catro grupos con xente de Viana e Madrid na que fixemos unha serie de xogos moi peculiares que remataban como premio cunha riquísima tableta de chocolate.
Para rematar a xornada de tarde fixemos un laborioso traballo sobre incendios e diferentes costumes entre Galicia e Búbal.




Pouco despois dunha cea quente (que se agradece polo frío que vai) fixemos unha serie de xogos tradicionais como todas as noites.

Ningún comentario:

Publicar un comentario