O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 20 de outubro de 2016

Luns 17: Coñecendo Bubal e Polituara

Tomé e Samuel. Ás 8 comezou a sonar a radio, levantámonos con moito sono, xa que tivemos unha viaxe moi longa e unha noite "algo axitada". Ás 8:30 debemos reunirnos no patio para ir almorzar. No comedor facemos como no insti, hai encargados.
 
 
Na primera parte da mañá despois de explicarnos as regras destes días en casa Fanlo fixemos una xincana para coñecer mellor o pobo (forno, escola, cemiterio...).
Logo de tomar o "tentempé " comezamos os tajos/traballos: dar de comer aos animais, poñer valados, traballar na horta, picar muros...
Despois dunha mañá sen descanso comimos ás 2 e nos fomos de camiñata a Polituara, outro pobo abandonado ao outro lado do encoro e que agora tamén o están a reconstruir.
 
 
Tivemos a merenda e tocou despois a reunión do proxecto que faremos os de Viana. Ceamos, deixáronnos os móbiles e, por último, xogamos ao escondite de noite por Bubal.
Ás 12 da noite  silencio total.

Ningún comentario:

Publicar un comentario