Laura e Alba Losada. O día de hoxe comezou cunha larga mañá de
traballos repartidos (sachar cenouras, facer cemento, cortar leña,
limpar cuadras...) e logo un ben merecido tentempé. Despois dun descanso
fixemos un taller de antropoloxía (estudo das persoas e costumes na
antigüedade).
Unha vez rematado o almorzo, elaboramos unha harmoniosa xincana en
catro grupos con xente de Viana e Madrid na que fixemos unha serie de
xogos moi peculiares que remataban como premio cunha riquísima tableta
de chocolate.
Para rematar a xornada de tarde fixemos un laborioso traballo sobre incendios e diferentes costumes entre Galicia e Búbal.
Pouco despois dunha cea quente (que se agradece polo frío que vai)
fixemos unha serie de xogos tradicionais como todas as noites.
Ningún comentario:
Publicar un comentario