O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 13 de febreiro de 2017

O Parlamento visita a escola

Estimados amigos: Na tarde deste, luns 13 de febreiro o IES Carlos Casares organizou unha actividade extrascolar na que recibimos a tres ex-diputados da Asociación de Ex-Parlamentariosde Galicia.


Neste encontro , os tres representantes, Jackeline Elisabeth Fernández Macías, do PP; Tareixa Paz Franco, do BNG e Pablo López Vidal  do PSDG-PSOE, presentaron ao alumnado de 4º ESO, FPB,  Bacharelato e Ciclo Formativo a realidade do traballo cotiá das bancadas políticas, e animaron aos máis novos a participar, desde calquera das diferentes ópticas ideolóxicas na vida política como instrumento de mellora social.


Os estudntes prepararon nas aulas diferentes preguntas para os parlamentarios, nas que non faltaban referencias ás preocupacións pola Sanidade e Educación, a corrupción ou o desemprego. Foi, polo tanto, unha xeira na que a vida pública entrou nas aulas para facernos analizar o noso presente e o noso futuro como cidadáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario