Nestes últimos dous días 20 e 21 de febreiro tivo lugar en
Mon¢ao-Portugal un Encontro de Traballo entre centros lusos e españois
coa intención de integrarse a curto ou medio prazo nun Proxecto Europeo
Erasmus +.
Por medio do noso director, Carlos Ferreiro, o IES Carlos
Casares tratou de presentar as suas liñas principais de traballo:
mediación escolar e mellora da convivencia; reforzo das TIC e aplicación
como novas metodoloxias de aprendizaxe; e, por suposto, manifestamos o
noso interese en intercambios lingüísticos e culturais que impliquen
visitas do noso alumnado a otros países europeos e acollemento
recíproco. Nese sentido, mantivemos algún contacto esperanzador, que,
agardemos, poida chegar a cristalizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario