O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 15 de maio de 2012

Fallado o 8.12FM

Ovidio Villar | O xurado do Certame de Fotografía Matemática 8.12FM vén de facer público o seu fallo, referente ao primeiro premio do certame. Ademais, a comunidade internauta tamén se pronunciou, elixindo a imaxe gañadora do Premio Especial do Público. A instantánea máis votada polo público levou case a terceira parte dos votos, 4 puntos por riba da seguinte. As dúas instantáneas premiadas así coma os seus autores son:


1º Premio: "Hexágono humano"
Nova Mc Causland Davis
U.E. Timoteo Rondales (Bermejo SC - Bolivia)


Premio Especial do Público: "f(x) = -x²"
Antonio Borrajo Fernández
IES Carlos Casares (Viana do Bolo - Ourense)

A entrega de premios terá lugar durante os actos previstos para a fin do actual curso.

Parabéns!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario