O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 18 de xuño de 2012

Ana María Alonso gaña o III Certame de Conto Matemático

O xurado deste certame, composto polo profesorado do Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, por unanimidade e valorando a súa orixinalidade, deciciu outorgar o primeiro premio ao traballo "O que non me pase a min", presentado por Ana María Alonso Nieves, de 2º de ESO. Parabéns!

O QUE NON ME PASE A MIN...

Cando o outro día ía eu para o colexio, atopeime no mesmo medio da beirarrúa cun número. Un número! Anda que, co que me gustan a min os números... Era o número 6, estaba alí tirado, e eu, o primeiro que pensei, foi: será de cartón, caeríalle a algún cartel. Pero de súpeto, levántase. Hala! Vaia susto que me levei. E falábame, xúrovos que me falaba, dicía palabras...

Despois de saudarme, presentarse... díxome que o tiña que axudar. A que?, diredes vós. A que?, dixen eu. Ben, o caso foi que me pediu que buscase a solución dun sistema composto por ecuacións que ninguén antes solucionara. E, a ver, co ben que se me dan a min as mates, vai e pídeme que solucione non sei que dun sistema con ecuacións de… En fin, que collín, e leveillo ao profe de mates, digo eu que saberá mais ca min.

ANA MARIA ALONSO NIEVES

Ningún comentario:

Publicar un comentario