O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de xuño de 2012

Proxecto TERRA: intercambio territorial As Corterizas (Allariz)

Alejandro Villasante, Brais Seoane | Os grupos de 3º e 4º da ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo fomos acompañados polos profesores Bieito e Federico ao centro medioambiental de As Corterizas, na serra de San Mamede. O  proxecto visto tiña como finalidade resolver os problemas ambientais, a aplicación práctica das enerxías renovables e a xestión alternativa dos residuos, a bioconstrución ,onde che ensinaban a facer contrucións aforrando en emisións de CO2 (transporte) ou auga (baños secos) e a coidar do medio onde vivimos.

Foto de grupo




O día seguinte fomos a Allariz, onde nos ensinaron o centro histórico, (época  medieval). O Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Allariz (P.E.C.H.A.) deu como resultado en 1994 o Premio Europeo de Urbanismo. Visitamos tamén o Museo do Coiro, onde nos contaron cada unha das fases que sofre a pel para converterse en coiro (xeralmente pel de vaca), o Muíño do Burato, onde nos explicaron cada unha das fases do trigo para tranformarse en fariña e, por último, o Museo do Xoguete, onde había diferentes tipos de xoguetes de distintas épocas, (algúns doados polos veciños e outros por forasteiros).

Ningún comentario:

Publicar un comentario