O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de xuño de 2012

Proxecto TERRA

Federico Méndez | Entre o martes 29 e o mércores 30 @s alumn@s de 3º e 4º da ESO veñen de coñecer de preto que é iso da bioconstrución e como medidas tan sinxelas como orientar ben un edificio, distribuír axeitadamente as súas habitacións segundo o uso que lles queiramos dar, empregar a vexetación como pantalla contra o calor ou o frío... supoñen un notable aforro de enerxía e crean moita armonía dentro das construcións e co entorno. Os obradoiros desenvolvéronse na aula da natureza de Corcerizas, preto de Xinzo de Limia. Tivemos a sorte de contar cunhas monitoras que, ademais de coñecer ben do que falaban, vivíano e así o transmitían.


A mañá do martes  déronnos unhas nocións de bioconstrución e á tarde puxémonos mans á obra (e nunca mellor dito): uns a fabricar ladrillos, outros a tirar de pico e pá para facer wáteres secos e, o terceiro grupo, a rebocar paredes de alpacas de palla.


Ao remate da tarde desprazámonos cara Allariz, ao albergue. A mañá do mércores, nunha visita guiada  ensináronnos a vila, facendo parada no museo do xoguete, o do coiro e nun muíño. E logo, o que quixo visitou algunha tenda outlet, combateu a calor cun xeado ou un chapuzón no río.

Ningún comentario:

Publicar un comentario