Nesta fin de
semana do 17 e 18 de novembro tivo lugar en Madrid o III Encuentro de
Docentes en Educación para el Desarrollo: creando redes, organizado
pola AECID (Agencia Española para la Cooperación Internacional para
el Desarrollo), na súa sede central. O IES Carlos Casares estivo
representado polo seu director, Carlos Ferreiro, e aproveitamos para
reencontrármonos con colegas de todo o Estado, todos eles,
gañadores, coma nós, dalgunha das modalidades do Premio Vicente
Ferrer ás Boas Prácticas Educativas en ED. Unha das preocupacións
das xornadas foi a necesidade de seguir loitando polo equilibrio
social e económico e o apoio aos países en vías de
desenvolvemento nun contexto tan desfavorable como é esta longa e
profunda crise económica europea. Estados como Portugal e Polonia, a
pesares do contexto hostil, seguen investindo na cooperación.
Vicent Santana do CEIP Sanchís Guarner (Paterna - Valencia) e Paloma Montero do Colexio Nuestra Señora de Fátima (Madrid), gañadores, no 2009, coma nós, do Premio Vicente Ferrer de EPD. |
A
Educación para a Igualdade de Xénero tamén tivo un espazo
protagonista, no cal o noso centro aportou as experiencias orixinais,
levadas a cabo para romper cos moldes ríxidos e os esquemas mentais
inmóviles (azul-nenos, rosa-nenas), a importancia dos xogos
deportivos mixtos e os traballos grupais igualmente equilibrados por
sexos.
O noso instituto transmitiu a ilusión por profundizar na
chamada "senda da convivencia", con todo o que o
noso alumnado voluntario (Biblioteca, Consumo, Irmanamento con
Bermejo, Medioambiente ou Mediación), pode aportar. Tamén quixemos
salientar que, pese ao sensacionalismo que nalgúns medios de
comunicación, envolve todo o relacionado con casos de acoso, ou
conflitos escolares, o IES Carlos Casares aposta decididamente polos
alicerces de resolución non violenta, o diálogo, e a mediación
entre iguais, co pulo decidido do alumnado, profesorado e familias
mediadoras, baixo a guía da nosa coordinadora, Susana Fernández. O
desenvolvemento, xunto ao obxectivo dunha cidadanía global e
comprometida, ten que arrancar das vivencias e o exemplo cercano, e
polo tanto, a solución dos nosos conflitos inmediatos, axestión
sostible do noson centro, o servizo á comunidade e a solidariedade
cos que padecen unha situación máis desfavorable como Bermejo, son
etapas encadeadas e coherentes dunha preocupación esencial:
proxectar a escola na vida cotiá e crear cidadáns reflexivos e
implicados nunha idea de xustiza global.
Ningún comentario:
Publicar un comentario