O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 8 de maio de 2013

Lipdub

Ovidio V. | O pasado luns pola tarde o centro estaba totalmente transformado. Ninguén era quen parecía nin parecía quen era. E é que realizar un lipdub non é fácil, sobre todo tendo en conta a organización milimétrica coa que hai que contar ao gravar nunha soa toma a acción de cerca de dúas centas persoas. O alumnado de 1º de Bacharelato, coordinado pola profesora de música Ilda Luaces, leva a traballar meses neste fenomenal proxecto que, por outra parte, conseguiu reunir a todo o persoal do IES nunha única actividade. Agardamos ver o resultado final en breve. Parabéns!


Link á noticia no blog de Canto e Expresión Corporal do noso IES

2 comentarios:

  1. Parabéns á profesora Luaces e aos alumnos de 1º de bacharelato.

    ResponderEliminar
  2. Traballazo de Ilda. Xa vamos por máis de 200 visitas.

    ResponderEliminar