Esta mañá tiveron lugar no salón de actos "Xesús R. Jares" dúas actividades enmarcadas na V Semana da Orientación, inaugurada xa no mes de febreiro e adicada á orientación académica e profesional do alumnado de 4º de ESO e Bacharelato. Hoxe acompañáronnos Beatriz González, da Universidade Europea de Madrid, e Constantino López e Juan Pita, respectivamente do Corpo Xeral da Armada e da Infantería de Marina de Ferrol.
|
Un momento da charla da UEM |
|
Un momento da charla da Armada e Infantería de Marina |
Ao final das exposicións tivo lugar un momento especial, cando o representante da Armada entregou á alumna de Bacharelato Anduriña O. B. o premio que obtivo recentemente na fase autonómica do concurso "Carta a un militar español".
|
Anduriña recollendo o seu premio |
Ningún comentario:
Publicar un comentario