O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 14 de marzo de 2014

Lisboa...

Noemí O. | Unha viaxe, un destino, Lisboa. Un ano máis a saída de Bacharelato levouse a cabo con gran éxito, durante os dias 8, 9, 10 e 11 de Marzo. Pode ser que un non se poida namorar dunha cidade, pero creo que en Lisboa todos nos sentimos así. 

Santuario de Panoias, visita do primeiro día

Posiblemente dos lugares máis bonitos que nunca visitamos, coas súas vistas, os seus castelos, as súas prazas e miles de cousas que poder visitar e desfrutar. Unha viaxe que, acompañados de cinco dos nosos profesores, se nos quedou máis curta do que esperabamos. Catro días, tres noites e unha experiencia increíble. Cada lugar que visitamos, máis bonito que o anterior, máis agradable e cada un dos paseos polas rúas, pola praia ou polas prazas lograba transmitirnos unha sensación agradable e de tranquilidade. Dende as visitas aos diferentes museos, os paseos por Sintra e Cascais, a visita ao xardín botánico... 

Estufa Fria

Todo un tanto especial. Quizáis se tivesemos que describir como foi esta saída dixesemos que quedamos con gañas de volver, completamente alucinados con aquelo todo. Chegando aínda algo cansos da viaxe, non dubidamos en ver todos e cada un dos recunchos, cada un dos lugares, emocionados sacando fotos e desfrutando ao máximo sempre. O primeiro dos días fixemos unha pequena parada, cunha visita ao Santuario de Panoias en Vila Real, onde puidemos desfrutar do bo tempo e aprender sobre as orixes deste fermoso lugar. Tras a posterior deixada das equipaxes no albergue desfrutamos de paseos pola beira da praia e das vistas de Lisboa. Posteriormente, o segundo dos días, visitamos o Museo Calouste Gulbenkian, onde ollamos dende cadros e pinturas ata obxectos de diferentes lugares, e figuras antiquísimas.

Museo Gulbenkian

Logo, a visita a Torre de Belem, un lugar increíble, ao igual que o Museo do Ar, onde logo nos achegamos, disfrutando de diferentes avións, helicópteros e todo o que tiña que ver o mundo aéreo.

Museo do Ar

O terceiro día, visitamos o Jardim Botanico, no que as diferenzas de adaptación dunhas plantas as outras eran considerablemente notables, foi un agradable momento de natureza. Dende logo, outra das visitas, quizáis das máis bonitas, foi a do Castelo de Sao Jorge, dende onde disfrutamos da posta de sol, coas vistas máis alucinantes que posiblemente se poidan ver en Lisboa. Rematamos, o cuarto día cun agradable paseo por Guimaraes, coñecendo o lugar e os seus castelos.

En Guimaraes

Quizáis unha das mellores saídas que tivemos feito, disfrutándoa ao máximo e con unha sensación increíble de ter visitado esa cidade. Tras chegar, realmente agotados, so pode quedar isto como unha experiencia máis, uns recordos e uns días perfectos en compañía de todos. Claramente, e sen ser esaxerada, namorados de Lisboa e de todo o vivido alí durante eses días.

Sao Jorge

1 comentario:

  1. Carlos Ferreiro14/03/14, 23:46

    Quero felicitarte públicamente por esta crónica, Noemí. Efectivamente, Lisboa é un lugar para quedar namorado, e para min, sempre é un espazo singular e especial, tal vez porque o coñecín coa vosa idade e nunha saída como a vosa. Foron tamén para os cinco profes, uns días inesquecibles....

    ResponderEliminar