O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 14 de abril de 2014

Semana Mundial pola Educación

O pasado xoves 10 de abril celebrouse en Santiago de Compostela, concretamente na sé do Valedor do Pobo, o acto central da Campaña Mundial pola Educación. Este ano, a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) celebrouse do 7 ao 13 de abril, e o eido de traballo foi a integración de persoas con discapacidades, concretamente no ámbito educativo. Diferentes centros educativos e asociacións transmitiron a José Julio Fernández, Valedor do Pobo, as súas inquedanzas na loita por un ensino inclusivo.

Foto de grupo

Por parte do IES Carlos Casares acodiron a este acto o Vicedirector Ovidio Villar Marcos e o antigo alumno e hoxe voluntario Brais Seoane Villasante. Nunha entrevista para a TVG, Brais indicou a importancia de que todas e todos aportemos o noso gran de area para que as actuais barreiras que aínda existen vaian desaparecendo.

Link á nova na web do Valedor do Pobo
Link á nova na CRTVG



Ningún comentario:

Publicar un comentario