Rodrigo e Iago G. Despois dunha longa noite con moito frío
fomos facer as diferentes actividades polo pobo entre as que están
traballar na horta, coidar os animais (ovellas, galiñas, pavos, un
burro...), facer cemento e outras obras de construcción.
En canto acabamos, tomamos un pequeno aperitivo para repor forzas e
deseguido preparámonos para realizar diferentes talleres: sendeirismo,
orientación, escalada...Ao acabar xantamos e tivemos tempo libre antes
de comezar os xogos tradicionais xa pola tarde como o pañuelo ou un xogo
vikingo chamado kubb que se recolleu nesta zona, onde competimos por
equipos.
Merendamos, tivemos un pouco de tempo libre e logo a xunto dos nosos
profesores para realizar o proxecto de centro. Logo tocou a cea, unha
velada nocturna e fomos a durmir para mañá ter forzas que temos unha
excursión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario