O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 26 de maio de 2013

CME no Parlamento Galego

Susana B. | O día 23-05-2013 viaxamos ao Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela) Susana Fernandez, Lois González e eu, Susana Borges. Ao chegar ao Parlamento, recibiunos Ana García, unha ex-alumna do noso IES e representante de Axuda en Acción. Tamén nos acompañou nese acto Amalia Álvarez, coordinadora de Inter-Red Galicia.


Fixermos esta viaxe para dar a coñecer que sen educación non podemos ir a ningún sitio e que fan falla máis profes en moitos países. Onde se fixo este acto foi no Parlamento. Estaba alí presente a Presidenta Dona Pilar Rojo. Estívose falando sobre a Campaña Mundial pola Educación (CME), e o que se fixo foi falar un pouco dos países que non teñen profes, porque "SEN PROFES, NON HAI EDUCACIÓN". A reposta de Dona Pilar Rojo foi que llo ía transmitir aos outros parlamentarios.

CONCLUSIÓN: a ver se logramos que haxa máis profes.

Noticia na web do parlamento

Ningún comentario:

Publicar un comentario