Ovidio V. | No marco do Plan Proxecta, e máis en concreto do Proxecto "Rede de Centros Solidarios", o alumnado mediador e voluntario do noso IES vén traballando durante este curso na rodaxe dunha curta. Primeiro, o guión, a través dun cómic, e recentemente, a rodaxe propiamente dita. Para poder levar a cabo a rodaxe, estiveron con nós Ramón e Ximena, durante unha xornada chea de moito traballo diante e detrás da cámara, e tamén chea de bos momentos. Esta micromovie analizará con detalle a mediación escolar, unha magnífica ferramenta de diálogo, dende o momento en que se produce o conflito ata a finalización de todo o proceso. Estamos desexando ver a montaxe final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario