O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 16 de maio de 2013

De todas e todos

"É cousa nosa" é un proxecto que iniciamos no IES Carlos Casares para promover a observación, a reflexión e a actuación nun tema tan importante como é o coidado da nosa contorna.


Vivimos nun mundo tremendamente sucio, así se reflicte nas instantáneas publicadas nun post desta mesma revista o pasado luns. Queremos cambiar? Estamos realmente dispostos e dispostas a cambiar? Ata onde chegaremos? A estas e a outras preguntas deu resposta o noso alumnado a través dun pequeno test, o cal resumimos en estatísticas a continuación. Cabe destacar a resposta positiva e a iniciativa dalgúns grupos en concreto, como pode ser 2º da ESO, que nos  transmite a importancia de ter vontade para resolver unha problemática tan importante para a cidadanía como é o respeto e coidado do medio ambiente. 

Para ver correctamente cada gráfico, fai clic sobre el.

Resultados 1º ESO


Resultados 2º ESO


Resultados 3º ESO


Resultados 4º ESO


Resultados 1º Bacharelato


Resultados 2º Bacharelato


Quen voluntariamente quixo, axudou a limpar o IES e arredores de todo tipo de lixo. A clave é sinxela: tira o menos posible, e unha vez de tiralo, custa o mesmo tiralo no sitio que lle corresponde.

1 comentario: