O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 16 de novembro de 2015

Funcionamento do Sistema da Dependencia en Galicia

O día 8 de Outubro do 2015 as alumnas do ciclo de APSD do IES Carlos Casares fixemos unha visita á traballadora social de Viana do Bolo, Isabel, para realizar un traballo sobre como funciona o sistema da dependencia en Galicia. Tamén lle consultamos os pasos a dar polas persoas dependentes e os seus familiares.


A persoa que queira solicitar a declaración da súa situación de dependencia, poderá acudir aos servizos sociais do seu concello, donde se lle proporcionará toda a información e documentación necesaria para  iniciar os trámites de solicitude, recollidos na normativa. Os pasos son os seguintes:

1º Solicitude e Documentación
2º Informe Social, que realizarán os servizos sociais do Concello
3º Citación de Valoración no Domicilio
4º Valoración Médica dos Técnicos/as no Domicilio
5º Resolución da Valoración, e declaración da situación de dependencia

Unha vez recoñecida a situación de dependencia, e dependendo do grao valorado, a persoa dependente terá dereito a unha serie de servizos, que son os seguintes:
  • Servizo de prevención e promoción da autonomía
  • Servizo de teleasistencia e xeolocalización
  • Servizo de axuda no fogar (SAF)
  • Servizo de atención diúrna
  • Servizo de atención nocturna
  • Servizo de atención residencial
  • Servizo de atención ocupacional


Esther, Rocío, Jenni e Itzíar
Alumnas do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
IES Carlos Casares, Curso 2015-16

Ningún comentario:

Publicar un comentario