Hoxe os nosos alumnos e alumnas Raquel, Lara, Tomé, Diego Ferreiro,
Carlos Cabana, Iago Vidueira, xunto cos profesores Monse Ulloa, Irene e
Carlos participaron nas Tertulias Literarias do IES de Allariz no que
compartimos un rato excelente con compañeiras e compañeiros alaricanos, e
tamén de Xinzo, Bande ou Maceda.
O motivo foi o encontro con Manuel
Núñez Singala, autor do libro de relatos breves e microrrelatos
Instrucións para tomar café. A obra, marcada pola retranca, a ironía e o
sentido crítico retrátanos como galegos e cuestiona o noso
autodesprezo, ademáis de abogar polas diferenzas e identidades proprias
nun mundo cada vez máis globalizado. Os nosos alumnos preguntaron e
interviron, tras ter traballado a obra no Clube de Lectura. Fíxose
ademáis por parte de María e Belén, as nosas compañeiras anfitrionas de
Allariz unha sentida referencia e homenaxe a María, un ano despois de
que nos deixase,e como precursora e iniciadora da nosa participación nas
tertulias. Moitas grazas, amigos polo voso recibimento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario