Na tarde do venres 13 de novembro, o IES Carlos Casares estivo
representado na sede da Escola Galega de Administracións Públicas
(EGAP), en Santiago de Compostela, por medio dos profesores Susana
Fernández e Carlos Ferreiro, como convidados na Xornada de Formación
para Equipos Directivos 2015, organizada polo CAFI, e a súa asesora
Cristina Moar, e na que a nosa intervención, baixo o título "A Mediación
de conflitos: pasado, presente e futuro", tratou de repasar o
percorrido do centro tanto no apartado de mediación, como en calquera
outro aspecto que incida ana educación en valores e mellora da
convivencia (voluntariado, cooperación internacional, etc).
Volvemos sentir o aprezo e prestixio que o IES Carlos Casares posúe no ámbito
galego, e incidimos na necesidade da educación integral, por riba da
impartición de meros contidos, para lograr a verdadeira excelencia que
consiste na formación de cidadáns. Infelizmente, ao tempo que falabamos
de mediación,
diálogo e paz, un grupo de fanáticos levaba o caos e a destrucción ás
rúas de París, o que non fai senón reforzarnos na importancia da labor
da educación na construcción dunha cidadanía libre, forte e
verdadeiramente democrática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario