O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 13 de novembro de 2015

Recursos que existen para atención a dependencia no noso entorno

As persoas en situación de dependencia, unha vez que se lle recoñece esta situación, teñen dereito a unha serie de servizos: teleasistencia, axuda a domicilio, centro de día, centro de noite, residencia, e centro ocupacional.


Nos arredores do concello de Viana do Bolo contamos con recursos para ofrecer estes servizos, se ben nos parecen escasos e insuficientes, debido ao envellecemento da poboación que motiva a existencia de moitos casos de persoas en situacións de dependencia nestes lugares.

Os recursos que máis abundan son as residencias públicas, moitas delas saturadas, e tamén as residencias privadas, de alto custe, ás que a maioría da poboación necesitada de estes servizos non pode acceder, debido ás baixas pensións de que dispoñen.

Outro recurso moi importante co que contan todos os nosos concellos é o Servizo de Axuda a Domicilio. A través de este servizo, as técnicas e técnicos desprázanse aos fogares para prestar axuda ás persoas en situación de dependencia que o teñen concedido nos labores que necesitan.

Por outra parte, na nosa zona hai carencias graves doutros recursos como os Centros de Día, que só os temos no Barco de Valdeorras e na Rúa de Valdeorras, e os Centros de Noite, que non existen nesta zona.

En resume, contamos con residencias nos concellos de Verín, Riós, A Mezquita, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Larouco, Trives, Manzaneda, Castro Caldelas, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda.

Contamos con Servizo de Axuda a Domicilio, xestionado polos concellos ou en réxime de concesión a empresas especializadas, en todos os concellos.

E con un só Centro Ocupacional, ASFAVAL no Barco de Valdeorras, que traballa con persoas con diversidade funcional intelectual.


Esther, Rocío, Jenni e Itzíar
Alumnas do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
IES Carlos Casares, Curso 2015-16

Ningún comentario:

Publicar un comentario