O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 10 de abril de 2011

Six filles à Paris!

Estela López, París. O pasado venres día 1, perdón corrixo, xa era día 2, seis mozas partiron de Viana camiño da Gudiña; ían moi animadas; pegoulles o baixón cando viron que o bus non chegaba e minutos antes a gafe do grupo dicía que chegaría tarde. Tan tarde chegou que acabamos indo comodamente en tren a Madrid. Ó final non sabiamos se chorar ou rir, as risas son risas pero o mal trago que pasou a pobre Betty. Con sorte demos collido o avión cara París facéndosenos moi curta a viaxe xa que fomos durmindo todo o traxecto.



Tras tomar un “petit dejeuner” e xa en Montmatre puxémonos en busca do hotel, recorremos a pé toda a calle Clignancourt guiándonos por memoria fotográfica. Tras atopar o noso destino collemos as nosas respectivas habitacións: tres cara o terceiro piso e outras tres cara o quinto; as máis deportistas, que ó final do día xa non daban subido as escaleiras e non só polo cansacio, senón porque había momentos que pensabamos que o noso destino era Italia.
Subir polas escaleiras dese hotel era como subir á Cúpula do Vaticano ou estar na torre de Pisa. A habitación do quinto estaba totalmente inclinada; foron moitas as risas que pasamos ó levantarnos ás mañás e caernos cara un lado, ou espertar no fondo da cama. E é que para algunhas a almofada non existía, outras espertábanse cun susto ó recibir unha caricia de bos días e outras tiñan masaxista persoal de saltos na cama. Pero deixando a un lado as historias dos cuartos volvemos ó noso día a día. Logo de aloxarnos dirixímonos a visitar a basílica de Sacré Coeur; o ambiente xa era moi animado no lugar: músicos, malabaristas, “monumentos” en toda regla… O día permitiunos ver as preciosas vistas dende o alto; a arquitectura da basílica era impresionante, a súa entrada está flanqueada por dúas estatuas: San Luís e Juana de Arco. A idea era non estar moito tempo para poder ver outras cousas pero non puidemos evitar que pasasen as horas mentres estabamos no lugar. Na mesma zona fomos cara á calle dos pintores tan coñecida e tan bonita; dando unha volta paramos a cenar, como non, nun local ca terraza inclinada e é que nos fomos dando conta pouco a pouco de que París está torto. Durante a nosa estancia intentamos comer cousas típicas tales como Foie de Canard, Quiche Lorraine, tarte tatin, crépes, goufres… Après le dîner dirixímonos ó centro para coller o bateaux parisien e dar un paseo polo Sena á luz da lúa; unha que eu sei iria pensando no amorciño!  Esa noite durmimos dun tirón, o día foi largo.

Varios momentos durante a viaxe de estudos
Día dous da nosa estancia en París, toca journée á Disney. Foi o único día que estivo algo revolto. Porén, o tempo non impediu que o día fose grande. Con todo o “cachondeo” que levabamos pasámolo como meniñas. Montamos en todo o que puidemos. Para todas posiblemente a mellor atracción fose a do Hotel, un ascensor; a que non quería montar en nada por pánico e vértigo vai e monta na peor. Esta era a que máis impresión deu, foi xenial, intentabamos berrar e cortábasenos o berro no medio de tanto subir e baixar, chegou un momento no que non sabiamos onde estabamos. Despois de recorrer os dous parques de Disney mentres unhas andaban de compras, outras montamos tres veces seguidas nunha atracción que ata está gravada para o recordo. E que ben nos sentou o pequeno “tentempié” que nos mangamos, aínda que por pouco vai todo fóra ó montar no simulador, madre mía que paixón lle botaban alguhas a semellante atracción. Cando Disney pechou as súas portas fomos cara á nosa zona. Outro día agotador, que por cansancio terminamos cenando no “bistro” máis cercano ó hotel no cal nos tiveron que botar porque ía cerrar e nós estabamos de parola mentres escoitabamos os “40 principais” franceses (…celui qui partage ta vie...). As conversas seguiron na habitación, tanta charla, tanta charla que nada mais dicir: “Ui que tarde é, xa son as 2 da maña” quedamos caladas e nin ata mañá nos dixemos; durmímonos pouco despois. Nin tempo de pensar de buscar un bar por ai para tomar algo, nin se nos acordou saír de marcha, xa faciamos nós as festas.

O terceiro día foi de visita cultural polo centro, paseamos polos Champs-Elysees, fixémoslle unha visita ó Museo do Louvre, vimos o Panteón… Iamos visitar o museo de Orsay, pero xusto os luns cerraba, moitos sitios cerraban os luns. Logo de pasear pola zona fomos cara a Tour Eiffel; subindo polos seus ascensores algunhas pasaron algo de vértigo e recordaron a atracción de Disney do ascensor do hotel. Xa arriba puidemos disfrutar das maravillosas vistas e ver o enorme que é París, xa que o tempo despexado que tivemos nos permitiu admiralas. Despois de tomar unhas cantas fotos fomos comer a unha brasserie cerca da Tour Eiffel, dentro tomamos auga de Nicolas Sarkozy, steak frites, foie de canard, oeufs avec la mayonnaise, saumon, tarte aux pommes... Pasamos tantísimas risas que nos miraron varias veces, fixo que se deron conta que eramos españolas, aínda que en varios sitios pensaban que eramos alemáns, seguramente por causa da Betty. Logo continuamos coa nosa visita. Nas orelas das pontes había moitos postos de libros antigos e gravados. En Notre dame pasamos case toda a tarde, estábase tan ben tomando o sol, sacamos unhas cantas fotos e continuamos o paseo, pero antes cambiamos as tarxetas de memoria das cámaras e as baterías…Vimos tamén o museo Georges Pompidou, puidemos recoñecelo xa de lonxe pola súa extravagante fachada que non deixa indiferente a ninguén. E a praza que hai ó lado tamén está interesante. De paseo de un lado cara outro comezou a anoitecer e fomos visitar o Mouline Rouge, sacamos unhas fotos a lo Marilyn Monroe, a lo Cleopatra, a lo cabaret… E unhas tiveron unha sesión de paracaidismo a lo Mary Poppins. Fomos cear unhas crêpes salgadas e doces; mentres ceabamos, o camareiro tiráballe os trastos a unha mociña do noso grupo, a pobre non lle facía caso.  Entrou un home vendendo rosas pola porta e o camareiro mercoulle unha para esta rapariga vianesa da zona do Cabo da Vila. O caso e que moito nos rimos e moito se falou dela e do “libanés” durante o que quedou de estancia.

O noso último día foi de dar un paseo de novo por onde os pintores xa que por cuestións de tempo era o sitio máis preto que tiñamos, tempo que aproveitamos para coñecer un grupo de música, para retrataranos e para mercar os últimas souvenirs. Logo emprendemos camiño do aeroporto. Mentres esperabamos o bus unha señora simpatiquísima pedía quen lle mercaba un café, deu tantas voltas a redor da parada, e acercándose moitísimas veces a Betty e rindose cara ela ata que por fin un home aceptou e deulle algo.

Xa no aeroporto emprendemos a volta a España e pasamos a tarde-noite en Madrid mentres esperabamos o bus que nos levaría cara Viana. Fomos a Sol, demos unha volta, ceamos e volvemos á parada de autobuses. Recordaremos tamén as risas no autobús, a parada que fixo o condutor no medio da autovía, o pouco que puidemos durmir no bus e que a que acostumaba durmir nos autobuses foi a que máis durmiu. Lembraremos tamén o traxecto A Gudiña- Viana con marcha no coche a pesar de estar durmidas… O claxon do coche de Betty sonaba por todo o traxecto para anunciar a chegada, a pobre condutora por pouco remanga un guantazo cara o copiloto. Si ese cachetazo se producise sería con autorización!

Moitas frases e momentos quedarán para o recordo: o “Madre mía”, a historia do libanés e do senegalés, o de respirar da man para evitar olores indexados dos acompañantes do tren de cercanías, a pose cleopatra, as botas insufribles, o “ejque yo se más porque vosotras sois turistas”, “a ver catedrático ven y dale tú!”, os controladores do metro, as esperas por culpa das fotos, “ou vai ou racha!”…

Por sorte non tivemos problemas graves, só anécdotas para contar. Simplemente dicir que viaxar con esta profesora foi un inmenso pracer e dicir que nos coidou moi ben e se portou tamén moi ben con nós; nalgúns momentos tamén a fixemos esperar por culpa de fotos, alisamentos de pelo, zapatos... Betty est le meilleur, the best! Seguramente se me esqueza algo pero o que nos rimos durante esta saída solo se podía ver nese momento porque pasaron cousas irrepetibles…

Desvelando nomes: Ahinara, Tamara G, Marina, Yadira, Betty (Jefa) e Estela (Secrétaire officiel) (Francés 2ºBach, curso 2010-2011)

Ningún comentario:

Publicar un comentario