Ovidio V. | O pasado día 30 de maio, despedimos á promoción 2011-13 de Bacharelato. Nun acto levado a cabo na Aula Xesús R. Jares, as palabras e o sentimento fundíronse nun so, da man da titora do grupo Aída Méndez, os Bachareles Christian Martínez e Rocío Rodríguez, o presidente da ANPA Pablo Guerra e o profesor de Lingua Castelá Carlos Ferreiro, quen foi escollido polo alumnado para ler a penúltima lección de despedida antes da entrega de orlas. A orixinal e innovadora entonación do Gaudeamus levada a cabo polo Coro do IES Carlos Casares, deu paso á sesión de fotos e a un suculento ágape preparado pola nosa querida Patricia no xardín.
Moita sorte a todas e todos, e feliz camiño pola vida.
Felicidades a Ovidio pola crónica; a Carlos, o "jugón" dos discursos, polas súas palabras; a Pablo Guerra por todo; a Ansemil polas fotos; ás familias e amigos dos protagonistas polo que lles toca; e aos rapaces polo bo que deixan.
ResponderEliminarNoraboa a este grupo e que teñades moita sorte no futuro. Un abrazo desde Bogotá.
ResponderEliminar