O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 10 de xuño de 2013

Feira das Ciencias e unha visita especial

O pasado 6 de xuño celebrouse no noso instituto a Feira Anual das Ciencias. Coma cada ano, coincidiu coa visita do alumnado que cursa actualmente 6º de primaria nos colexios de Viana, Vilariño e A Veiga, e que o vindeiro curso estarán no noso centro.


Como unha primeira aproximación, realizouse unha visita a todas as instalacións do centro, así coma aos lugares máis emblemáticos, como a entrada principal, na que se concentran os piares da nosa comunidade educativa: a figura de Carlos Casares, a Biblioteca, o Proxecto de Cooperación con Bolivia e o Equipo de Mediación Escolar.

Noelia e Noemí explican o seu experimento ao alumnado de 6º
Tamén visitaron, xunto ao alumnado do noso IES, todos os satands da feira das ciencias, levada a cabo polos profesores Miguel Arranz, David Ponte e José Fouz, e da que resumimos a continuación o mellor:
Ángel e Rubén traballan coa col lombarda como indicador caseiro

Maicena (sólido ou líquido?)

O amidón de millo presenta unha curiosa propiedade (que comparte con outras sustancias denominadas fluídos non newtonianos) que consiste en que ao disolverse en auga, nunha concentración concreta, ten unha viscosidade variable en función da forza á que é sometido . Esto quere decir que si exercemos forza intensa sobre a maicena, como un movemento brusco, ésta compórtase como un sólido, opoñendo unha forte resistencia; se aplicamos unha forza pequena (movementos lentos) a súa viscosidade diminúe, e compórtase coma un líquido.


Metendo un ovo nunha botella

Este experimento consiste en meter un ovo cocido nunha botella que presente unha boca de diámetro menor ao do ovo, e todo esto sen empuxar o ovo. Como? moi fácil, axudándonos da presión atmosférica.
Ao quentar o aire contido na botella (mediante un papel ardendo ou un misto) e tapar a boca de ésta co ovo, sucéndense 2 fenómenos: en primeiro lugar, o aire quente expándese e sae da botella para, acto seguido, enfriar e contraerse; ao contraerse o aire frío xérase, no interior da botella, unha menor presión ca no exterior (presión atmosférica) co que conseguimos un efecto de succión que arrastra o ovo ao interior.
Finalmente, para sacar o ovo da botella recurrimos á reacción ácido-base que se orixina ao mesturar vinagre e bicarbonato sódico. Esta reacción produce unha acumulación de dióxido de carbono na botella que, si a xiramos colocando o ovo cerca da boca, exercerá suficiente presión como para expulsar o ovo.

Pinga submarina

Este experimento ten como finalidade demostrar, visualmente, a diferencia de densidade entre auga, alcohol e aceite.
Consiste en poñer unha pinga de aceite nun vaso con alcohol. Como o aceite é mais denso que o alcohol, a pinga queda no fondo. Acto seguido comezamos a engadir, pouco a pouco, auga (que é máis densa que as dúas substancias anteriores e miscible co alcohol). A medida que a engadimos, a mestural alcohol-auga comeza a aumentar a densidade ata que se iguala coa do aceite; neste punto a pinga comeza a flotar quedando no medio do vaso.


Ovo frito en frío

Pódese fritir un ovo sen calor? A resposta e si, pero con trampa. A experiencia que realizamos consistiu en poñer un ovo crú nun medio con alcohol, de forma que adquiría a apariencia dun ovo frito. Por que? Porque as proteínas da clara, cando se someten a calor ou en presencia de alcohol (e outras substancias) modifican a súa estrutura, pasando de estar disolta nun medio acuoso (a propia clara) a precipitar (solidificando).

Ovo flotante

Como sabedes, os ovos non flotan na auga xa que son máis densos que ésta. De feito, si un ovo flota en auga é un indicio de que ese ovo está en mal estado (xa que orixina gas no interior diminuíndo a densidade). Sen embargo, en auga salgada si flota xa que ésta é mais densa que o ovo. Esta idea foi a que tratamos de reflexar poñendo un ovo en auga e engadindo sal pouco a pouco ata que comezou a flotar.

A maxia das cores

A partir das tres cores primarias pigmento (amarelo, azul cian e magenta) podemos conseguir calquera cor.

Deseño, escalas e maquetas de vivendas unifamiliares. 

O Proceso de moitos proxectos e experimentacións segue o esquema:
IDEA - DESEÑO - MAQUETA - PROBA SIMULACIÓN – REALIDADE.
Explícase o concepto de escala no plano e nas maquetas de vivendas unifamiliares realizadas en 4º ESO; a importancia da orientación das ventás e espazos pola luz e temperatura; o cálculo dun tellado a 4 augas baseado no teorema de pitágoras a partir da planta e o alzado; a importancia das enerxías alternativas na vivenda por autosuficiencia e ecoloxía. Os planos: Alzado, planta, perfil; de distribución interior de cada planta en lapis e CAD; de cálculo tellado; de situación da casa nun territorio. 

Refracción

Reacción entre o vinagre e bicarbonato cun colorante produce CO2 entre outros compostos que é o responsable do efecto lava.

Reacción ácido-base

Refracción da luz, que relaciona velocidade da luz co medio que atravesa. O mesmo índice de refracción entre o vidro e do aceite fai que desapareza un tubo de ensaio con aceite de xirasol introducido nun vaso de precipitados.

Rozamento e calor
 
Cunha galla de madeira producir fume por frotacción. Para isto axúdanse dun trade. A enerxía de fricción convértese en enerxía calorífica.

Foguete de auga
Principio de Acción- Reacción. Unha botella de 2 litros con auga colocada nun soporte para o seu despegue vertical. A través dun corcho furado introdúcese, cunha goma, aire a presión ata que expulsa un chorro de auga que produce a reacción en sentido contrario da botella.

Ningún comentario:

Publicar un comentario