O pasado venres 7 de xuño o noso IES recibiu a visita dunha persoa moi aprezada na nosa comunidade educativa. Xavier Casares, irmán do falecido Carlos Casares, visitou Viana e aproveitou para formalizar unha promesa realizada no acto de homenaxe a Carlos que tivo lugar en xuño de 2012. Con el trouxo unha colección de literatura infantil e xuvenil que pertencía á súa biblioteca persoal e familiar e que nas súas verbas "non podía quedar en mellor lugar que na biblioteca do centro vianés onde meu irmán impartiu aulas por primeira vez".
Xavier Casares, terceiro pola esquerda (Imaxe: O Sil) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario