Ovidio V. | Hoxe tivo lugar en Vilariño de Conso, a carón do río Cenza, a I Feira dos Coidados. No marco da campaña "Actúa con coidados" de InteRed, este evento reuniu á gardería de Vilariño, aos CEIPs de Vilariño de Conso, A Veiga e o Bolo, ao CPI da Gudiña e ao IES de Viana.
Un grupo baila a ReciKonga, logo de clasificar lixo |
Entre outos coidados, temos que destacar hoxe, 5 de xuño, o coidado do medio ambiente, levado a cabo polo grupo de 4 de PDC do Carlos Casares, con xogos de reciclaxe con coreografías incluídas. Tamén houbo teatro, kamishibai e guiñol preparados polas familias dos rapaces e rapazas, circuitos psicomotrices, xogos cooperativos e moito máis.
Agradecemos especialmente as horas de traballo que Carmen Carballo adicou a esta actividade, para que todo fose perfecto e para que, nenos e nenas (e non tan nenos e nenas) desfrutaramos dunha marabillosa mañá nun entorno único.
Xenial, e a carón do Cenza case imposible de mellorar. Este ano levamos varias iniciativas con primaria. Penso que son moi positivas para os rapaces e os centros e que debemos potencialas. Felicidades a Mari Carmen e a todos os organizadores e participantes.
ResponderEliminar