O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

martes, 31 de outubro de 2017

Samaín na Biblioteca

Entre contos de medo, cabazas misteriosas... A carón das vellas historias, morcegos escuros e atrevidos...












martes, 27 de xuño de 2017

X Encontros de Clubes de Lectura

O. Villar | Era unha ocasión especial e merecía unha celebración especial... Coido que os rapaces o pasaron de marabilla, agás co calor sofocante que nos bateu ese día en Santiago... Pero quen levamos un Peter Pan dentro, botamos de menos coarnos nos marabillosos talleres que había para a rapazada...





Xenial Miguelanxo Prado ao recoller o seu merecido premio e xenial o peche musical con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre!!

domingo, 30 de abril de 2017

Conversa con Xabier Quiroga

O pasado venres visitou o noso centro o autor de, entre outras moitas novelas, "Era por setembro" e "Izan o da saca".


O alumnado dos clubes de lectura do instituto asistiu a unha conversa marabillosa á luz dunha candea prendida durante todo o acto... Quiroga falou das orixes das súas novelas e do que para el é escribir, respondeu ás atinadas preguntas dos seus lectores e lectoras e adicou preto dunha hora a asinar exemplares e a conversar con todos nós. Un encontro literario ameno, un luxo para os sentidos.


mércores, 15 de marzo de 2017

Semana da Prensa 2017

A nosa Biblioteca vístese esta semana coas cores de xornais traídos de todo o mundo para a Festa da Prenssa. O alumnado poderá visitar esta exposición para realizar traballos cos diarios.


xoves, 1 de decembro de 2016

Tertulia literaria en Allariz

Hoxe, 1 de decembro, tivemos a oportunidade de participar na tertulia literaria organizada polo IES de Allariz, no que a escritora compostela Inma López Silva respondeu a uns 50 alumnos de Secundaria de Xinzo de Limia, Maceda, U. Laboral de Ourense, Allariz e a Breogan Rodriguez e María Montesinos, do noso centro, que amosaron unha gran madurez coas suas intervencións.


Tivemos a honra de presentar a autora no programa radiofónico, e Irene e Monse representaron a nosa Biblioteca e Clube de Lectura. A novela Aqueles días en que eramos malas, plantexa múltiples temáticas como a perda da liberdade, a victimización da muller, as diferentes formas de manifestar o amor e o desexo e a morte como liberación. Foi unha xornada excepcional pola cercania da autora e a participación activa do alumnado. Grazas como sempre as compañeiras de Allariz pola sua invitación.

luns, 28 de novembro de 2016

Entregadas as mochilas viaxeiras

Acaban de recibilas alumnas e alumnos de 1º de ESO. Nelas van libros, filmes... e algunha que outra sorpresiña...


venres, 25 de novembro de 2016

25 N

Hoxe foi un día para lembrar a todas aquelas vítimas da violencia de xénero, para non baixar a garda e para ver que todos e todas estamos unidos para conseguir o mesmo obxectivo: nin unha menos, hoxe e sempre.







luns, 21 de novembro de 2016

Viaxeiras

Temos unha maleta viaxeira na biblioteca, cargada de cómics para ti. E temos mochilas viaxeiras para os clubes de lectura... con sorpresa... Valo perder?



xoves, 27 de outubro de 2016

A nosa biblioteca no PLAMBE

I. Durán | Este curso temos a satisfacción de compartir con vós que o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares nos subiu de 700 a 1175 euros a asignación anual, coa que podemos comprar novos fondos para o noso espazo de lectura e dinamizar as diferentes actividades organizadas polo equipo da biblioteca. Como proba, deixámosvos unha foto do noso rincón lector e do noso expositor de novedades literarias.





martes, 8 de marzo de 2016

Clube de lectura

Os alumnos de 2° de ESO lendo no Clube de lectura a obra "La noche más oscura" de Ana Alcolea...


venres, 20 de novembro de 2015

Tertulia Literaria en Allariz

Hoxe os nosos alumnos e alumnas Raquel, Lara, Tomé, Diego Ferreiro, Carlos Cabana, Iago Vidueira, xunto cos profesores Monse Ulloa, Irene e Carlos participaron nas Tertulias Literarias do IES de Allariz no que compartimos un rato excelente con compañeiras e compañeiros alaricanos, e tamén de Xinzo, Bande ou Maceda.



O motivo foi o encontro con Manuel Núñez Singala, autor do libro de relatos breves e microrrelatos Instrucións para tomar café. A obra, marcada pola retranca, a ironía e o sentido crítico retrátanos como galegos e cuestiona o noso autodesprezo, ademáis de abogar polas diferenzas e identidades proprias nun mundo cada vez máis globalizado. Os nosos alumnos preguntaron e interviron, tras ter traballado a obra no Clube de Lectura. Fíxose ademáis por parte de María e Belén, as  nosas compañeiras anfitrionas de Allariz unha sentida referencia e homenaxe a María, un ano despois de que nos deixase,e como precursora e iniciadora da nosa participación nas tertulias. Moitas grazas, amigos polo voso recibimento.

mércores, 21 de outubro de 2015

Un espazo que convida a ler

Podedes visitar a nosa biblioteca, estará encantada de ofrecervos aquel libro, cómic, filme... que sempre quixestes desfrutar...


domingo, 18 de outubro de 2015

Grupo de Biblioteca!

Queda constituído o grupo de Voluntariado de Biblioteca para este curso. Aquí está a foto que o acredita...


Concurso de Ortografía

A semana pasada, María Obes representou ao IES Carlos Casares no XVI Concurso Hispanoamericano de Ortografía, celebrado no IES de Fontiñas, en Santiago de Compostela. Acompañada polos seus compañeiros de aula e finalistas na fase de centro Daniel e Noelia, desfrutou dunha experiencia moi enriquecedora.


mércores, 7 de outubro de 2015

O Sillón Azul

Estreamos novo blog, desta vez adicado a todas aquelas actividades promovidas e realizadas directamente dende a Biblioteca do centro. O seu enderezo web é un guiño a Casares ao tempo que invita a sentarse e desfrutar dunha lectura cómoda e pracenteira...

Máis en http://osillonazul.blogspot.com.es/

Este blog aparece tamén agregado en "Blogs amigos" desta Revista...

venres, 1 de maio de 2015

Spot na Biblioteca

O pasado 20 de abril estivo no noso centro Ramón Molina, coordinador da Rede de Centros Escolares Solidarios (Plan Proxecta). O obxectivo do día, gravar un spot sobre o quefacer diario do voluntariado de Biblioteca. Este spot estrearase a finais de maio en Santiago de Compostela durante os III Encontros da RCES.



sábado, 25 de abril de 2015

23 de abril, día do Libro

Este ano conmemoramos esta data cunha interesantísima exposición dos libros que acompañaron ao noso profesorado durante a súa infancia.


domingo, 19 de abril de 2015

Día do Libro, 23 de abril

Este ano a proposta dende a nosa Biblioteca é crear unha exposición cos libros que marcaron a nosa infancia ou xuventude. Para a ocasión, David Álvarez realizou este marabilloso deseño...


martes, 11 de novembro de 2014

Catalogando...

O Equipo de Biblioteca non para. Un grupo de profesorado traballa na biblioteca varias horas diarias (na imaxe, María e Monse catalogando libros). Ademais, o alumnado voluntario xestiona o préstamo nos recreos, e en breve o Clube de Lectura "O Gato Samuel"  participará nunha tertulia literaria en Allariz. Pódese pedir máis?

venres, 16 de maio de 2014

Día do Libro e Semana das Letras Galegas

Para festexar ambas conmemoracións, os Departamentos de Latín e Grego, de Actividades Complementarias e Extraescolares, de Normalización e de Lingua Galega veñen de organizar dúas interesantes actividades.



A primeira delas, a presenza no noso centro do contacontos "Fran", que xa ten estado no noso centro e que mantivo a atención do público coas súas hitorias e a súa música. A segunda foi a asistencia á representación teatral da obra "Memorias dun neno labrego", nunha actuación compartida co CEIP San Martiño (Vilariño de Conso) e co CEIP Bibei (Viana do Bolo). En ambos casos, a valoración por parte do público foi moi positiva. Pola súa banda, o Departamento de Normalización decidiu aproveitar esta celebración para dotar de fondos a biblioteca do centro aproveitando as achegas da Consellería ao proxecto que se está a desenvolver.