O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta cooperacion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cooperacion. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de febreiro de 2018

Presentación Material ODS Madrid

O domingo 25 e luns 26 de febreiro de 2018, un grupo de 15 docentes en Educación para o Desenvolvemento de todo o Estado, no que o noso IES estivo representado polo noso Director, Carlos Ferreiro, deseñou unha axenda de presentación e difusión da obra "El desafío de los ODS" en Secundaria.
 
 
Esta Unidade Didáctica arranca de un cómic elaborado por Pedro Cifuentes, Montse Alonso e Rocío Copete, na que 12 profesores máis idearon unha serie de actividades para desenvolver na aula, cada un desde a sus experiencia e ámbito profesional (no caso de noso centro, no ámbito lingüístico). O próximo desafío será levalo a cabo na práctica en múltiples centros no curso 18-19. Aceptamos desde xa este reto, e gracias, como sempre, a AECID, por contar co noso centro.

martes, 13 de xuño de 2017

Conecta Cultura 2017

Este curso, coa idea de aprender máis sobre o mundo que nos rodea e para saber máis cousas acerca de como vivir nesta aldea global que é o mundo, sumerxímonos nun novo proxecto, ao que lle deron o nome de Conecta Cultura.
Xa só con ese nome podemos ver de que se trata: de aunar, de conectar as diferentes culturas para poder así compartir e aprender uns de outros.
Coa idea de axudarnos a ver o mundo e a como aprender uns dos outros, viñeron Hafdala, Antía e Belén, dende Vigo, en tres sesións diferentes.
Na primeira sesión, o 12 de xaneiro con Antía e Hafdala, aprendemos o que son a multiculturalidade, pluriculturalidade e interculturalidade. Tamén nesta primeira sesión nos explicaron o que é un plan de acollida e por que é importante ter un no centro.
Na segunda sesión, o 26 de xaneiro tamén con Antía e Hafdala, afondamos no plan de acollida, como ten que ser, que fases ten que incluír, cando hai que preparalo... e a importancia de incidir no común, non nas diferenzas. Tamén este día nos falaron de competencias e incompetencias.
Finalmente, a terceira sesión, o 9 de febreiro, na que coñecemos a Belén, que foi a que acompañou a Hafdala esta vez, nos presentaron a guía didáctica que están a elaborar para traballar co alumnado e que trata temas como a acollida, o respecto á diversidade, os dereitos humanos, os refuxiados, etc.
Aproveitando unha desas tres sesións, Hafdala e Belén falaron co alumnado de 1 ESO acerca das migracións, e co alumnado de 4 ESO acerca da situación do Sáhara.
Despois desas visitas iniciamos nós o traballo nas aulas (é este un proxecto a longo prazo que esperamos que nos resulte moi útil) preparando un plan de acollida para alumnado que vén de fóra co que sentamos unhas pautas para que todo o alumnado que se incorpore ao centro dende fóra se sinta querido e non estea illado.
Ademais, para ver como funciona e como se aplica ese plan de acollida, realizamos dous vídeos nos que o puxemos en práctica, aquí os tedes:


luns, 8 de maio de 2017

EPD Guadarrama 2017

Nesta fin de semana do 5 al 7 de mao, tivo lugar en Guadarrama (Madrid) o VII Encuentro de Docentes en Educación para el Desarrollo, organizado pola AECID, baixo a temática "Convivencia Pacífica".


Coa asistencia de Monse Ulloa, Luis  Crende e Carlos Ferreiro, foi unha xornada de reencontro entre  amigos no que se tratararon temáticas das Migracions e os falsos estereotipos que dificultan a interrelacion entre as persoas. Impresionante foi o testemuño  de Mamadou Día, escritor, activista e educador senegalés ao transmitirnos a sus odisea para chegar a España nun caiuco, en busca ducha vida mellor, e tras varios anos, a volta a sua vila en Senegal para emprender un proyecto de desenvolvemento e educación para evitar que outros se lancen a unha viaxe arriscada como a sua. Ao final das xornadas, tamen se anunciou a inminente publicación de un Cómic didáctico sobre os ODS 2030, tanto para Primaria como para Secundaria, nos que o centro tivo a honra de participar na elaboración, de mans do noso director. Novamente agradecemos a AECID e MECD, personalizados en Pilar Deben, Álvaro Saiz, a confianza en nos, e estendemos o cariño a Susana e Noelia polo bo trato que sempre nos dispensan.

domingo, 12 de marzo de 2017

Grupo de traballo EPD en Madrid

Este fin de semana do 10 ao 12 de marzo tuvo lugar na Casa Árabe de Madrid, a caron do Retiro, un Encontro de Traballo de 15 docentes de toda España, entre eles, o noso director, Carlos Ferreiro, que levan a cabo a elaboración dun proxecto didáctico en soporte cómic sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento 2030.


Asi, o IES Carlos Casares estivo representado no grupo de expertos de Ámbito Sociolinguistico. Foi unha fin de semana tremendamente productiva, e na que hai que agradecer a AECID a inspiración que produce estar aloxados na Residencia de Estudiantes, onde aquellas mulleres e homes que constituiron a Xeracion do 27 fixeron historia. Estamos xa ansiosos por ver o producto final e traballalo co alumnado.

xoves, 9 de marzo de 2017

Sesión de Avaliación con AGARESO

Hoxe xoves 9 de marzo tivo lugar unha reunión virtual a través do Skype para avaliar, ata o presente, o desenvolvemento do proxecto de educación para o desenvolvemento que o IES Carlos Casares mantén, xa por segundo ano, con AGARESO. Estiveron presentes os centros de Boiro, Ames e Viana do Bolo. Mañá desenvolverase unha reunión paralela co resto de centros participantes.

Ángeles (Boiro), Susana (AGARESO), Esther (Ames), María (Gingko) e Ovidio (Viana)

luns, 6 de marzo de 2017

Encontros de convivencia

Recentemente, tivo lugar no CFR de Ourense unha reunión inicial para a organización dos VI Encontros de Centros para unha convivencia positiva, que nesta edición acollerá o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Representantes doutros centros, anfitrións en anteriores ocasións, reuníronse cos coordinadores vianeses para valorar o programa. Podemos apunta que terán lugar durante o 2 e o 3 de xuño e agora, á volta do Entroido, comezan os preparativos para esta nova edición.

Selfi con Carme, Begoña, María, Javier, Carlos, Ovidio e Adelino

martes, 21 de febreiro de 2017

Workshop Transfronteirizo en Monçao

Nestes últimos dous días 20 e 21 de febreiro tivo lugar en Mon¢ao-Portugal un Encontro de Traballo entre centros lusos e españois coa intención de integrarse a curto ou medio prazo nun Proxecto Europeo Erasmus +.

Por medio do noso director, Carlos Ferreiro, o IES Carlos Casares tratou de presentar as suas liñas principais de traballo: mediación escolar e mellora da convivencia; reforzo das TIC e aplicación como novas metodoloxias de aprendizaxe; e, por suposto, manifestamos o noso interese en intercambios lingüísticos e culturais que impliquen visitas do noso alumnado a otros países europeos e acollemento recíproco. Nese sentido, mantivemos algún contacto esperanzador, que, agardemos,  poida chegar a cristalizar.

xoves, 15 de decembro de 2016

Buscando ideas para as FCT

Carlos Ferreiro e Ovidio Villar veñen de participar no II Fórum "Ensino Profissional e Transfronteiriço 2016: Perspetivas de Cooperaçao", celebrado en Valença (Portugal) o pasado 13 de decembro, para analizar unha nova forma de xetión de empresas para a realización da FCT (formación en centros de traballo) do alumnado de formación profesional.


link ao programa

mércores, 7 de decembro de 2016

Cómic ODS 2030

Os días 28 e 29 de novembro, na sede da AECID en Madrid, o IES Carlos Casares, por medio do seu director Carlos Ferreiro, participou nun proxecto didáctico de elaboración de un Cómic que pretende recoller os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, que se agrupan en torno a cinco eixos clave, denominados as 5 P, polas suas iniciais en inglés: (Planet, People, Peace, Prosperity, Partnership) ou sexa Planeta, Persoas, Paz, Prosperidade e Alianzas.


O froito debe ser un producto que sirva como guía educativa para a aula, con actividades motivadoras e interdisciplinares, e que teñas un forte carácter visual e simbólico. A maioría deses contidos (cultura de paz, igualdade de xenero, consumo responsable) son ben coñecidos e traballados no noso centro, polo que a aplicación práctica da publicación, agardemos que sexa un éxito absoluto. A principios de febrero habera unha xuntanza final para cerrar a edición, e como siempre, desexamos agradecer a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento a consideración especial que ten co noso instituto.

mércores, 23 de novembro de 2016

Noticias revoltas

Ovidio V. | Durante a xornada de hoxe visitounos María Lobo (AGARESO) para traballar co alumnado de 1º de ESO neste proxecto anual. Hoxe tocaba gravar unha nova inspirada nunhas determinadas imaxes pero cunha voz en off que dera a volta á noticia, intercambiando roles, analizando estereotipos e practicando a empatía. #EpdLAB


Este programa educativo permite ao alumnado traballar en tres liñas importantes: a cooperación entre as persoas como eixo dunha educación en valores, a análise da actualidade e as novas tecnoloxías.

xoves, 6 de outubro de 2016

Recollemos roupa por unha boa causa

Hoxe recolleuse a roupa e calzado aportados pola comunidade educativa do IES Carlos Casares para a campaña Mariola, de Global Humanitaria, que pretende xestionar fogares de acollida para nenas desfavorecidas na India. Recolléronse unhas 70 bolsas de material, unha xenerosa aportación que ben ha valer un sorriso nalgures.


domingo, 2 de outubro de 2016

EpdLab 2

O pasado venres reuníronse en Santiago de Compostela os centros participantes en EPD Lab 2, unha interesante iniciativa promovida por AGARESO, asociación gaalega de reporteirxs solidarixs.


Os centros reunidos, de Viana do Bolo, A Guarda, Ames, Boiro e Silleda, trazaron as estratexias a seguir nesta segunda edición do programa. O IES Carlos Casares de Viana estivo representado por Ovidio Villar, Vicedirector, quen valorou moi positivamente este encontro, e participou, tamén, na avaliación da pasada edición.

Facendo camiño

Na xornada de onte, Susana Fernández e Ovidio Villar interviñeron nun obradoiro no marco do I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola.


Esta actividade, coordinada por Nova Escola Galega celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Nela, os representantes do centro vianés, deron a coñecer A Senda da Convivencia, un programa do noso IES que na súa orixe partiu de tres niveis concéntricos de colaboración (mediación escolar, voluntariado e cooperación internacional), e que hoxe recolle todos os eidos de voluntariado social que levamos a cabo.

xoves, 22 de setembro de 2016

Recollida de roupa e calzado

O IES Carlos Casares está a participar nunha campaña de recollida de roupa e calzado usados, ubicándose como punto de encontro de quen queira participar. Os beneficios desta acción solidaria, de nome "Mariola" e coordinada pola ONG Global Humanitaria, serán destinados á proporción de atención integral a 35 nenas en situación de vulnerabilidade a través dun fogar de acollida en Baruipur (India).


xoves, 15 de setembro de 2016

Nun máster en Bogotá

Na xornada do mércores 14 a Rede de Mediadores de Paz Xesús R. Jares vén de compartir a súa experiencia nun máster de ciencias políticas da Universidade Católica de Bogotá.


Luis Fernández (CCEE Reyes Católicos), Ovidio Villar (IES Carlos Casares), Sergio González (mediador CCEE Reyes Católicos), Victor Martin (UNESCO) e Daniel Michaels (Fundación Universitaria Área Andina) conversaron con preto de 40 alumnos e alumnas de maestría durante case dúas horas sobre a labor da rede e da educación en xeral na formación para a resolución pacífica de conflitos ou a aplicación da mediación a outros niveis, como pode ser a política.

martes, 13 de setembro de 2016

Un novo centro que se une á rede

Os profesores Conny (Universidade Católica de Bogotá) e Ovidio (IES Carlos Casares de Viana do Bolo) veñen de visitar o Colexio Ofelia Uribe, ubicado en Usme, un barrio do sur da capital colombiana.


Esta comunidade educativa ten uns 2.660 alumnos e alumnas que se reparten en dous turnos diarios, e convive de forma cotiá con situacións de violencia, drogadicción e exclusión social. Desta reunión con profesorado e alumnado do centro educativo acaba de nacer o compromiso entre o Ofelia Uribe e a Rede de Mediadores Xesús R. Jares de formar mediadoras e mediadores de paz no colexio para poder utilizar algúns dos conflitos máis habituais da aula como ferramenta de aprendizaxe para a vida a través da súa resolución pacífica por medio do diálogo.

martes, 6 de setembro de 2016

Mediadores e mediadoras para a Paz

Está a piques de comezar o III Curso de formación de Mediadores e Mediadoras para a Paz impulsado pola Rede de Mediación Escolar Xesús R. Jares no CCEE Reyes Ctólicos de Bogotá (Colombia).


Hoxe pola tarde Luis Fernández, Rector do centro bogotano, e Ovidio Villar, Vicedirector do IES Carlos Casares levaron a cabo unha primeira aproximación a esta formación en centros co profesorado participante. Esta semana formaranse preto de 100 rapaces de diferentes colexios da capital colombiana. O acto de inauguración terá lugar mañá día 6 de setembro ás 8:30 h (hora colombiana), e está previsto que asista o ex-Presidente colombiano Belisario Betancur. Colombia vive nestes momentos un proceso de transición cara á paz, polo que a creación dunha cultura de diálogo e non violencia se antolla esencial.

domingo, 12 de xuño de 2016

Contra o cancro de ovario

Hoxe 12 de xuño celebrouse en Viana do Bolo a Carreira Solidaria contra o cancro de ovario. Preto de 60 participantes deron a volta ao Cabo da Vila por unha boa causa, recadar fondos para loitar contra esta silenciosa enfermidade. Organizou Concello de Viana, colaborou IES Carlos Casares.


martes, 24 de maio de 2016

Carreira solidaria

Contra Cancro de Ovarios. Viana do Bolo. IES Carlos Casares.

En apoio á campaña do alumnado de Katia e Luis, mestres no colexio Pinar prados de Torrejón (Madrid).

Día do evento:

domingo 12/xuño/2016, ás 11 h en Viana do Bolo, na Praza Maior. Dous recorridos urbanos para que participen tod@s os que queran. Un de 3 km e outro de 5 km.

A cota de inscrición é de 3 euros, como referencia mínima, e por ser unha carreira solidaria calquera aportación será benvida, aínda que non se participe físicamente na proba (Fila0). O número de conta comercial para facer o ingreso é (definitivo, aínda que calquera ingreso feito no número anterior vai directamente á Anderson Center) é o seguinte:

ES33 2080 0415 1730 4000 8528
Nome da conta: Carreira solidaria cancro de ovarios. Viana. IES Carlos Casares

O diñeiro recadado ingresarase directamente a MD Anderson Cancer Center.

IES Carlos Casares.
Concello Viana do Bolo.
Coordinan: por parte do alumnado, Irea, Iago e Brais, de 1BAC, e por parte do profesorado Pepe Fouz e Pablo Cuervo.