O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxia. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de novembro de 2016

Un recordo de Búbal

Para que quede constancia no centro da nosa semana no programa PRUEPA en Búbal o derradeiro día alí como parte do noso proxecto comezamos a facer uns murais que rematamos xa ao noso regreso engadíndolle fotos para que os nosos compañeiros podan ver un anaquiño da nosa experiencia e nós a lembremos cando pasemos polos corredores.



venres, 4 de novembro de 2016

Sábado 22: O regreso a casa logo dunha gran experiencia

Cosme, Guille e Raquel. Finalmente o sábado tocou a canción a mesma hora de sempre, para algúns o despertar foi máis duro, fixemos a cama para os futuros ocupantes e almorzamos.


Despois de despedírnonos dos nosos novos amigos e compañeiros madrileños e facernos unha foto grupal para o recordo, cargamos as maletas no bus e emprendimos a longa viaxe de once horas que nos esperaba ata Viana. En Burgos paramos para comer e coñecer un pouco do centro da cidade.


Chegamos a Viana ás nove da noite a reunirnos cos nosos familiares despois dunha semana afastados.

Búbal, ...unha gran experiencia.

Venres 21: Poñendo nota á nosa semana en Búbal

Hoxe é o ultimo día de tajos en Búbal, segundo os nosos profesores fixemos un bó traballo durante estas mañás de duros traballos (xardinería, leña, animais, valados, comedor...). Logo Carmen púxonos nota ao noso comportamento e aproveitamento da estancia e déronnos boa nota, e nós tamén fixemos comentarios sobre o que máis nos gustou, o que cambiariamos,...


Xa pola tarde rematamos o noso proxecto de centro sacando conclusións en grupos e deseñando unhas cartulinas sobre as nosas vivencias neste paraxe a carón dos Pirineos que colocaremos nos corredores do instituto cando lle engadamos algunhas fotos. Antes de tomar a merenda lles contamos algo máis aos nosos compañeiros madrileños sobre os nosos concellos, o Entroido, …


Ao final da tarde tocou escribir dedicatorias nuns petos a compañeiros e profes e que nos quedarán como recordo desta semana. Despois da cea tiñamos festa na igrexa, ainda que non foi moi animada, ata que tocou marchar á cama porque mañá espéranos unha longa viaxe.

xoves, 27 de outubro de 2016

Xoves 20: Admirar a paisaxe, coñecer as lendas e xulgar a unha bruxa

Iria e Zaira. Hoxe, despois de almorzar maquillamos a Xabi porque a noite anterior perdeun nun xogo e tocoulle ese reto, elexido polos demais compañeiros.


Despois fixemos unha excursión ata o valle de Tena donde nos contaron como se formou o relevo da paisaxe e lendas do lugar e a procedencia do nome.
Logo comimos, e tras un pouco de tempo libre fixemos unha representación do xuízo a unha bruxa. Logo merendamos, tivemos un pouco de tempo libre e fomos ao proxecto cos profesores do noso instituto, no que falamos sobre os incendios e fixemos un xogo de rol no que nos dividimos en equipos (gandeiros, políticos, ecoloxistas...) para propoñer solucións ao problema dos incendios forestais.


Logo déronnos os móbiles e despois da cea tivemos xogos e miramos as estrelas e ao acabar fómos para a cama para prepararnos para o día seguinte

mércores, 26 de outubro de 2016

Mércores 19: Tajos e talleres de natureza en Búbal

Rodrigo e Iago G. Despois dunha longa noite con moito frío fomos facer as diferentes actividades polo pobo entre as que están traballar na horta, coidar os animais (ovellas, galiñas, pavos, un burro...), facer cemento e outras obras de construcción.



En canto acabamos, tomamos un pequeno aperitivo para repor forzas e deseguido preparámonos para realizar diferentes talleres: sendeirismo, orientación, escalada...Ao acabar xantamos e tivemos tempo libre antes de comezar os xogos tradicionais xa pola tarde como o pañuelo ou un xogo vikingo chamado kubb que se recolleu nesta zona, onde competimos por equipos.
Merendamos, tivemos un pouco de tempo libre e logo a xunto dos nosos profesores para realizar o proxecto de centro. Logo tocou a cea, unha velada nocturna e fomos a durmir para mañá ter forzas que temos unha excursión.

mércores, 29 de xuño de 2016

Xermolón: Comendo con sentidiño en Viana


Monse Ulloa e Vera García. Dentro de Xermolón, outro dos plans Proxecta nos que participou o noso centro durante este curso 2015-2016 o alumnado da ESO traballou sobre a importancia da alimentación. A continuación amosamos algúns exemplos dos traballos.
Manexaron a roda de alimentos: elaboraron murais en francés, e traballaron coa roda en lingua inglesa para EDI co que se reforzou ademais da parte de ciencias vocabulario nas diferentes linguas.


Realizáronse enquisas sobre hábitos alimenticios e costumes no almorzo, e o alumnado de 1º de ESO desfrutou dun almorzo saudable ou “Healthy Breakfast” en colaboración co departamento de inglés (como xa se informou no Choupín ver).


Aprenderon a extraer información das etiquetas dos alimentos (elaborando gráficos sobre porcentaxe de nutrintes, deseñaron etiquetas para produtos inventados,...).




Reflexionaron sobre os hábitos alimenticios no consumo de produtos da cafetería, os novos superalimentos, a importancia dos legumes na dieta (co galo que o 2016 é o Ano Internacional dos Legumes).
O alumnado de 3º de ESO de Cultura Clásica reflexionou como variou a nutrición desde a época dos romanos.




martes, 5 de abril de 2016

Visita cultural a Ponferrada

Recentemente o alumnado do segundo ciclo da ESO vén de visitar en Ponferrada o Museo da Enerxía, o da Radio e a Aula Arqueolóxica das Médulas. Esta saída, levada xa a cabo hai dous cursos con notable éxito, non defraudou tampouco desta vez, e o alumnado amosouse satisfeito coa planificación desta viaxe cultural.





Iago Vidueira comentábanos:

"A mi el museo de la radio me pareció muy interesante, no tanto la parte del museo, si no más la parte del estudio de radio, donde los de tercero grabamos un programa de radio de 7 min, que tardamos en grabar casi una hora.
En la parte del museo vimos la evolución de la radio en España desde el 1920 hasta 1990 y los premios ganados por Luis Del Olmo."




venres, 20 de marzo de 2015

Ecoclases

Alumnado de 1° de ESO limpando o patio e arredores nun acto altruista e de labor voluntaria.






martes, 17 de marzo de 2015

Exposición de instrumentos musicais

O alumnado de 2° de ESO, e na asignatura de Música, vén de preparar unha interesante exposición de instrumentos musicais, creados por eles mesmos reutilizando diferentes materiais, e cunha sonoridade abraiante. A exposición permanecerá aberta ao público no corredor principal do IES. Interesantísima.









domingo, 9 de novembro de 2014

CEAM Viérnoles, día 5

Carlos | A última mañá de estancia no CEAm comezou tendo que facer as maletas e logo de almorzar tivemos dous talleres que dirixiron os profes de Viana e Cortegana. O taller que propuxeron os de Cortegana era un dominó do cambio climático, consistía nun xogo de catástrofes que podían aparecer por culpa do cambio climático e estivemos barallando distintas opcións para diminuír o quecemento global. Acto seguido fixemos un xogo para aprender a que colector debería ir cada material.

O taller que dirixiron Jose e Monse chamábase “Xogo dos cubos solidarios”, repartíronnos en grupos asignándonos un pais (Canadá, Chile, Filipinas e Etiopía), e co material que nos daban (non o mesmo a cada un) tiñamos que facer cubos. Con este xogo se reflictían as distintas oportunidades nos países. Falamos de que é inxusto que unha persoa por nacer en España, Canadá, Alemania teña maior número de oportunidades que outra persoa que nacese en Etiopía ou Filipinas e que non é de todo xusta a frase de “Son o que son por nacer onde nacín”.
Despois disto e da comida tocou a despedida logo de cinco días xuntos cos rapaces e rapazas de Cortegana e a promesa de seguir en contacto a lo menos a través do Whatsapp.

Durante a estancia do CEAm algúns compañeiros nosos fixeron de reporteiros fotográficos e blogeiros, o resultado podédelo ver no seguinte enlace (http://ceamcantabria.blogspot.com.es/)

sábado, 8 de novembro de 2014

II Encontro da Rede de Centros

Ovidio V. | Onte o noso centro participou, en Santiago de Compostela, no II Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios, programa enmarcado no Plan Proxecta e cuio máximo expoñente é a acción do voluntariado a través dos centros educativos. O IES Carlos Casares, como entidade de voluntariado que é, promove neste intre diferentes eidos de axuda e cooperación entre todos os membros da comunidade educativa, especialmente entre o alumnado. Algúns deles son Voluntariado de Biblioteca Escolar, TIC e Aulas Ecolóxicas, Equipo de Mediación Escolar, Voluntariado para Eventos Deportivos e para a Cooperación Internacional a través do Proxecto Viana-Bermejo.


Alumnado voluntario do IES Carlos Casares a caróndo seu stand

Detalle do stand
A xornada foi inaugurada pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen posteriormente adicou uns intres a analizar a realidade dos centros nunha conversa máis  informal co profesorado. Logo houbo tempo para coñecer a fondo os diferentes traballos levados a cabo por todos os centros participantes, tanto no curso pasado, co visionado de micromovies ou spots, coma neste curso, grazas á interacción entre alumnado e profesorado procedentes dos distintos puntos da xeografía galega.

Borja, durante a presentación do spot "Faite voluntario, é un agasallo"

Aproveitando a ocasión, presentouse tamén o logotipo da rede, e mesmo se comezaron a planificar algunhas accións a levar a cabo nos centros durante o mes de decembro. A xornada rematou cun exitoso worldcafe para o profesorado e un mercado de troco de obxectos entre rapaces e rapazas participantes.

Sergio, do Equipo de Comunicación do encontro, durante a clausura do mesmo

xoves, 10 de abril de 2014

Visita de Museos en Ponferrada

A saída educativa de onte, mércores 9 de abril, a Ponferrada, converteuse nunha das máis satisfactorias e innovadoras que temos feito nos últimos tempos no noso centro. O día comezou cun percorrido didáctico de máis dunha hora polas instalacións do Museo Nacional da Enerxía, onde mediante unha serie de explicacións excelentes da nosa guía Judith, o material interactivo e a propia visións das instalacións o noso alumnado observou o pasado, presente e futuro do carbón e a obtención de electricidade nunha central térmica. As rapazas e rapaces elaboraron ademáis de xeito excelente unha ficha de contidos sobre a visita, e quédanos a lembranza dun dos museos científicos mellor organizados que temos visto.
No Museo da Enerxía
Ao mediodía chegou o turno do Museo da Radio Luis del Olmo, onde ademáis de contemplar unha das mellores coleccións mundiais de aparellos de radio e unha fonoteca con documentos sonoros que son xa parte da historia de España, o alumnado de 4ºB gravou en directo un programa de radio que en breve estará á disposición de todos no Choupin. Polo tanto os nosos estudantes foron por un día improvisados locutores...

Gravación no Museo da Radio

Tras o xantar, visitamos o Castelo dos Templarios de Ponferrada, no que desfrutamos dunha mostra de traxes de oficios medievais, a exposición Templum Libri, con mapas e manuscritos de gran valor, e, como non ,un breve paseo polas murallas da fortaleza defensiva da vila.

Foto de grupo

Xa por último un breve paseo libre polo casco histórico e a Ribeira do Sil deu fin a unha xornada que destacou polo carácter ameno e o excelente comportamento do alumnado. Ate a próxima, Ponferrada!

martes, 1 de abril de 2014

Exposición sobre o Cambio Climático

O corredor principal do IES Carlos Casares acolle estes días a exposición "Cambio climático, o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". Forma parte das exposicións itinerantes do CEIDA e permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 11 de abril. 

Animamos a todas aquelas persoas interesadas en materia de xestión de recursos, sostibilidade e ecoloxía a facernos unha visita.

venres, 17 de xaneiro de 2014

Un lapis e moitas mans

Carlos F. | No día de onte, 16 de xaneiro, o alumnado de 4º da ESO, guiado pola compañeira de Intered Paz Caínzos, organizou unha sesión formativa-divulgativa arredor da campaña Actúa con Coidados.

Preparando a actividade con Paz

Unha escena do lapis colaborativo

Tras unha primeira parte da sesión na que se levou a cabo un xogo grupal, o do "lápis colaborativo", que pretende ensinar como os logros colectivos son máis rendibles que os retos individuais, na segunda parte, entraron na Aula Magna os estudantes de 1º da ESO. Os seus compañeiros de 4º espuxeron unha serie de problemáticas en torno aos coidados, divididos en cinco apartados: violencia de xénero, atención a dependencia, incendios forestais, consumismo e descoido do medio ambiente. Logo de establecer os perxuizos que implicaba cada un deles, iniciouse un debate entre os máis novos acerca de cal lles parecía máis urxente á hora de ser abordado no instituto, e foi elixido de xeito claro o da violencia contra a muller. Polo tanto, sen esquecer o resto dos problemas, esa terá que ser unha vía de traballo prioritaria nas nosas actividades da escola...

O alumnado de 1º de ESO, atento ás intervencións dos compañeiros e compañeiras de 4º de ESO

sábado, 30 de novembro de 2013

Xornadas sobre incendios en Madrid

Os pasados 26 e 27 de novembro, un grupo de alumnado e profesorado do IES Carlos Casares desprazouse a San Fernando de Henares (Madrid) para participar nunhas xornadas sobre prevención de incendios forestais. Os profesores Luis Crende e Ovidio Villar incidiron na impotancia dunha metodoloxía directa na aula, que valore especialmente o aspecto vivencial. Pola súa banda, Daniel S., Lucía E. e Alicia B. presentaron un interesante traballo sobre a incidencia do factor desertización en montes queimados e sen queimar, experiencia que lles reportou o Primeiro Premio do Certame Luis Freire en 2012.

Durante a ponencia

Agradecementos para o Ministerio de Agricultura por facer ao IES Carlos Casares partícipe desta actividade, e en especial a Luis Llanos, do EPRIF Gudiña-Viana, con quen compartiremos outras moitas actividades neste curso.

O grupo xa de volta, nunha fria praza en Tordesillas

mércores, 5 de xuño de 2013

Día do medio ambiente na I Feira dos Coidados

Ovidio V. | Hoxe tivo lugar en Vilariño de Conso, a carón do río Cenza, a I Feira dos Coidados. No marco da campaña "Actúa con coidados" de InteRed, este evento reuniu á gardería de Vilariño, aos CEIPs de Vilariño de Conso, A Veiga e o Bolo, ao CPI da Gudiña e ao IES de Viana.

Un grupo baila a ReciKonga, logo de clasificar lixo

Entre outos coidados, temos que destacar hoxe, 5 de xuño, o coidado do medio ambiente, levado a cabo polo grupo de 4 de PDC do Carlos Casares, con xogos de reciclaxe con coreografías incluídas. Tamén houbo teatro, kamishibai e guiñol preparados polas familias dos rapaces e rapazas, circuitos psicomotrices, xogos cooperativos e moito máis.


Agradecemos especialmente as horas de traballo que Carmen Carballo adicou a esta actividade, para que todo fose perfecto e para que, nenos e nenas (e non tan nenos e nenas) desfrutaramos dunha marabillosa mañá nun entorno único.