O pasado 9 de setembro, no CCEE Retes Católicos de Bogotá, o noso director,
Carlos Ferreiro, entregou, en presenza do Rector Luis Fernández e do
Xefe de Dpto. de Matemáticas do centro hispano-colombiano, o lalinense
Xosé María Facal, o Premio Especial do Público do XI Concurso
Internacional de Fotografía Matemática, convocado polo IES Carlos
Casares.

O galardón recaiu no alumno de 2º de Bacharelato Martín Rodrigo
González Walter, co traballo titulado "La parábola tranquila". O
auditorio contou coa presenza do profesorado do centro e do alumnado de
máis idade, e ambos directores salientaron a importancia da difusión e
participación nos concursos e eventos culturais a nivel internacional.
Na vindeira edición e moi probable que participe tamén o Colegio
Distrital de Usaquén-Instituto Pedagógico Nacional, escola de carácter
público veciña ao Reyes Católicos.
Este acto coroa unha intensa semana de eventos culturais comúns, que
onte incluiu a presentación da novela histórica de Javier Moro, A flor
de piel, que narra a epopeia da expedición que a principios do século
XIX introduciu en Hispanoamérica a obra vacina da viruela, a través dun
grupo de nenos orfos procedentes de Madrid e A Coruña, coidados e
guiados por unha galega, Isabel Zendal. Esta obra trataremos de
traballala este ano no centro nunha actividade interdisciplinar de
LIteratura Castelá e Bioloxía.