O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta TIC b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 14 de marzo de 2018
Un par de anuncios máis...
Dous anuncios máis realizados polo alumnado de 2º de Bacharelato para o proxecto "Publicítame ben" enmarcado no Galicons (Plan Proxecta e Escola Galega de Consumo).
venres, 9 de febreiro de 2018
Publicítame ben, anuncio 5
Desta vez, denunciando publicidade enganosa, animando a crítica de produtos que se anuncian como ideais e non o son tanto...
mércores, 7 de febreiro de 2018
Razoa...
Cuarta entrega de publicidade "ideal" ou contrapublicidade, neste caso
un desodorante que pode ser moi bo pero que non disimula os aromas que
emanan dunha linguaxe xestual inadecuada...
#consumo
#planproxecta
#galicons
#consumo
#planproxecta
#galicons
martes, 30 de xaneiro de 2018
Día Escolar para a Paz e a non Violencia
Terceiro anuncio,
neste caso campaña publicitaria, que elabora o alumnado de TIC II (2º de
Bacharelato) no desenvolvemento proxecto "Publicítame ben" (integrado
en Galicons-net, Plan Proxecta).
mércores, 17 de xaneiro de 2018
Perfume e Igualdade
Buscas un bo perfume? O alumnado do Galicons do IES Carlos Casares dáche unha boa idea...
#galicons
#consumo
#galicons
#consumo
martes, 16 de xaneiro de 2018
Quérote+ 2018
Hoxe o alumnado de 3° da ESO participou na primeira sesión do programa Querote + (Plan Proxecta) na cal coñeceron a plataforma online e os servicios que presta, como información e resposta a dúbidas sobre sexualidade, drogodependencia, uso de redes sociais, autoestima e imaxe corporal.
luns, 15 de xaneiro de 2018
Galicons-net, un proxecto de consumo
O alumnado de 2º de Bacharelato de TIC II e o de 2º de ESO de ITI están a participar en Galicons-net, un programa enmarcado no plan Proxecta e dependente da Escola Galega de Consumo. Se ben viamos hai días que traballaban obradoiros de publicidade ilícita e linguaxe publicitaria, hoxe deixámosvos o primeiro dos 8 spots publicitarios que o alumnado de 2º de Bacharelato realizou. O obxectivo, achegarse ao anuncio ideal, sen contidos pexorativos nin discriminatorios, especialmente por razóns de xénero.
Anuncio 1. Ecoloxía.
Anuncio 1. Ecoloxía.
xoves, 26 de outubro de 2017
Sesión 1 #EpDLab: Sexismo e identidade
#EpDLab
Laura S. | Este luns 23 de outubro, iniciamos a nosa primeira sesión no proxecto EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento).
O alumnado de 1º de bacharelato, comeza con gañas de experimentar e desenvolver unha serie de cuestións que están moi presentes no noso entorno, aínda que moitas veces non sexamos conscientes. O feito de ter presentes as novas tecnoloxías fai que este traballo sexa máis levadeiro e interesante para todos, tendo que utilizar redes de moito uso como son Instagram e Twitter.
No noso primeiro afrontamento, unha vez feita a presentación máis un test inicial acerca dos nosos coñecementos, tratamos un tema moi importante como é o sexismo, no que nos demos conta de que homes e mulleres non somos tan diferentes. Fixemos unha serie de actividades lúdicas interesantes; como ver titulares de xornais no que a muller é infravalorada nos deportes e comentalo por grupos, escribir o que pensabamos a cerca das diferenzas entre ambos sexos (onde puidemos comprobar que eran moi escasas) e para concluír, coa axuda da nosa imaxinación, creamos imaxes que representasen a nosa idea fronte ao sexismo.
Unha serie de actividades de moitos valores e aprendizaxe que sempre que se fagan en grupo de dunha maneira divertida... mellor.

domingo, 15 de outubro de 2017
Reunión para o EPD Lab 2017/18
Arrancou o EPD Lab para este curso, proxecto que se desenvolverá no IES Carlos Casares e noutros catro centros galegos, os IES de Milladoiro, Johan Carballeira (Bueu), Pintor Colmeiro (Silleda) e Castro Alobre (Vilagarcía). O pasado 29 de setembro, o Vicedirector do noso centro, Ovidio Villar, asistiu á reunión que todos os centros mantiveron cos representantes de AGARESO, organización responsable e vínculo de unión con todos os participantes neste proceso.
O traballo a realizar incluirá problemáticas de índole social, poboacional, medioambiental, de xénero... e faráse utilizando medios audiovisuais de última xeneración, ferramentas TIC e sistemas de traballo como a micronarrativa dixital. Este é o terceiro ano que participamos no proxecto e temos gañas xa de que chegue o 23 de outubro, o día da primeira sesión no noso IES!

mércores, 11 de outubro de 2017
#AQUA
#AQUA un proxecto de Ciencia Ciudadada no #iescarloscasaresviana
Xa sabedes, as rapazas e rapaces que esteades interesados en participar informamos que xa chegaron os kits ao centro, pasade polo departamento de Bioloxía e contribuide a un proxecto global.
A Ciencia Ciudadana (ou Citizien
Science) está baseada na aportación que todas as persoas podemos facer á
ciencia e á investigación. Desde o centro queremos amosar ao noso
alumnado que eles poden contribuír á ciencia de forma activa, que non só
se fai dentro dos laboratorios e centros de investigación.
Así que solicitamos como parte das actividades do noso #clubdeciencia
participar no proxecto #AQUA da fundación @Ibercivis. no seguinte vídeo
resúmese de que vai este proxecto.Xa sabedes, as rapazas e rapaces que esteades interesados en participar informamos que xa chegaron os kits ao centro, pasade polo departamento de Bioloxía e contribuide a un proxecto global.
mércores, 14 de xuño de 2017
Fallado o Certame de Fotografía Matemática
O xurado do Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares para esta edición de 2017, vén de fallar o premio deste ano. Pola súa banda as e os internautas decidiron tamén cal é o traballo mellor valorado polo público. Ambos traballos conxugan elementos matemáticos perfectamente localizados e integrados na vida cotiá, e representados por títulos escollidos de maneira moi acertada. Parabéns ás dúas gañadoras polos seus fenomenais traballos, que son:
A entrega de premios terá lugar o venres 23 de xuño a partires das 12:15 horas, na Aula Xesús R. Jares do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.
Premio do Xurado
Sil-Metría
Tamara Rodríguez Adrover
IES A Sangriña, A Guarda (Pontevedra)
Premio Especial do Público
Geometría del Sábado Noche
Esther Ramos Molano
IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras (Ourense)
A entrega de premios terá lugar o venres 23 de xuño a partires das 12:15 horas, na Aula Xesús R. Jares do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.
domingo, 14 de maio de 2017
mércores, 10 de maio de 2017
27 de Abril: Día das rapapaz nas TIC
María Alonso. No dia de hoxe tivemos a gran oportunidade de
poder presenciar unha videoconferencia retransmitida dende o CESGA
(Centro de Supercomputación de Galicia) e presidida por nada máis nin
nada menos que mulleres inmersa no ámbito da informática.
Parece sorprendente pero aínda hai mulleres que seguen os seus soños e fan o que realmente lles gusta, iso me fixeron ver esas colaboradoras que, simplemente a través dunha simple cámara nos fixeron chegar as súas marabillosas historias. Quédome con que fagas o que fagas, si realmente che gusta e o fas con ganas podes chegar a onde queiras. É súper importante que nós, as mulleres, saibamos que estamos en minoría pero aínda así temos as mesmas ou máis posibilidades que un home en atopar un traballo.
No ámbito da informática fixéronnos chegar que é un traballo moi interesante e creativo no que hai que saber traballar en equipo e ter moi boa imaxinación e tamén no que desgraciadamente, hai un porcentaxe de mulleres estudando moi baixo, só do 10%. Témonos que concienciar de que a informática non é un traballo para os “frikis” senón para quen de verdade o desexe e lle apaixoe. Necesítanse moitos postos de enxeñeiro de informática, xa que na actualidade estamos rodeados por todos lados por tecnoloxía e é necesario que a xente se forme e descubra o incrible mundo da informática.

Despois
de descubrir esta información tan valiosa para o noso futuro, comezou a
rolda de preguntas, dende cada instituto invitado puido participara a
través dun chat. Contestaron as nosas dúbidas de forma moi organizada e
souberon transmitirnos a resposta de forma moi simplificada de xeito que
as entendemos moito mellor.
Para
finalizar recordáronnos que as mulleres somos moi importantes para todo
e que non nos podemos guiar polos demais, senón polo que de verdade
queremos facer no futuro.
Segundo
a miña opinión esta conferencia pareceume moi enriquecedora e, sobre
todo, axudounos a aclarar un pouco o noso futuro descubríndonos un mundo
que pensaba que non era para nós.
mércores, 19 de abril de 2017
Adiccións II
Hoxe tiveron lugar no IES Carlos Casares dúas interesantes conferencias sobre novas tecnoloxías e substancias perigosas, respectivamente para o 1º e o 2º ciclo da ESO. Agradecemos a Pilar Trabazo a súa presenza, interese e bo facer na continuación dos obradoiros iniciais, que tiveron lugar o pasado mes.
venres, 24 de marzo de 2017
Seleccionados para proxecto piloto de ciencias
Vén de resolverse a convocatoria de participación no programa piloto de innovación
educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos durante o
curso 2016/2017, e o noso centro está entre os 10 centros galegos seleccionados como receptores das achegas. Cunha dotación de 1.200 euros, o IES Carlos Casares poderá programar para este curso unha feira de ciencias novidosa.
Enlace á resolución
Enlace á resolución
mércores, 22 de marzo de 2017
XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática
O Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares vén de convocar o XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática, no que poderá participar alumnado de calquera centro educativo de secundaria.
Enlace ás bases: link
Enlace ás bases: link
mércores, 15 de marzo de 2017
Adiccións
A pasada semana acompañounos Pilar Trabazo (Consellería de Sanidade - Ourense), quen desenvolveu dous interesantes obradoiros sobre dúas das adiccións ás que se enfronta diariamente a nosa xuventude: as novas tecnoloxías e as substancias tóxicas. Estes dous temas foron traballados, respectivamente, polo alumnado do 1º e 2º ciclo da ESO.
martes, 17 de xaneiro de 2017
Vines contra o racismo
A pasada semana contamos de novo coa presnza de María e Roi co alumnado de 1º de ESO, desta volta para crear unha serie de "vines" contra o racismo. Aquí podedes ver algún dos momentos desta sesión...
venres, 23 de decembro de 2016
Montaxe de robots
O alumnado de TIC II vén de montar os mBots enviados pola Consellería, así como probalos vía bluetooth mediante a app Makeblock. Incluso algún se animou a introducir certas melloras no chasis para improvisar un recolledor automático.
mércores, 7 de decembro de 2016
Voluntariado TIC Abalar 2016-17
Presentamos o voluntariado TIC Abalar do primeiro ciclo da ESO para este curso. Lois, Gael e Tania de 2º de ESO e Andrea, Uxía, José Ramón, Simón, Yoel e Paulo de 1º de ESO. Colaboran no bo funcionamento das novas tecnoloxías na aula, reparto de equipos, control de carga, problemas, prendido e apagado de equipos... Coordina J. Fouz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)