O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de outubro de 2017

#AQUA

#AQUA un proxecto de Ciencia Ciudadada no #iescarloscasaresviana
 
A Ciencia Ciudadana (ou Citizien Science) está baseada na aportación que todas as persoas podemos facer á ciencia e á investigación. Desde o centro queremos amosar ao noso alumnado que eles poden contribuír á ciencia de forma activa, que non só se fai dentro dos laboratorios e centros de investigación.
Así que solicitamos como parte das actividades do noso #clubdeciencia participar no proxecto #AQUA da fundación @Ibercivis. no seguinte vídeo resúmese de que vai este proxecto.



https://vimeo.com/96824751


Xa sabedes, as rapazas e rapaces que esteades interesados en participar informamos que xa chegaron os kits ao centro, pasade polo departamento de Bioloxía e contribuide a un proxecto global.



martes, 27 de xuño de 2017

Viana Quérote+

Monse Ulloa e Asun Prieto. Un ano máis o alumnado de 3º de ESO participou no programa do Plan Proxecta “Quérote +”. Ademais de coñecer os contidos e recursos da páxina, traballáronse as diferentes fichas do programa.
Nas sesión sobre Educación sexual e Aconcepción e concepción elaboraron preguntas que logo resolveu Luis Fernández un antigo profesor do centro nun obradoiro de sexualidade impartido a principios de Xuño (https://twitter.com/choupindixital/status/870605851630989313).


Tamén traballaron A orientación do desexo e identidade sexual, A relación dos sexos e a tecnoloxía....a través de diferentes vídeos e debates xerados na aula.
É fundamental transmitirlle ao alumnado que por riba do coñecemento científico e técnico sobre aspectos de sexualidade, ésta implícanos como individuos no plano afectivo e contribúe de xeito básico ao noso benestar e felicidade.

venres, 24 de marzo de 2017

Seleccionados para proxecto piloto de ciencias

Vén de resolverse a convocatoria de participación no programa piloto de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos durante o curso 2016/2017, e o noso centro está entre os 10 centros galegos seleccionados como receptores das achegas. Cunha dotación de 1.200 euros, o IES Carlos Casares poderá programar para este curso unha feira de ciencias novidosa.

Enlace á resolución

mércores, 15 de febreiro de 2017

Refuxiados climáticos

Sesión con Agareso en 1º de ESO. Análise do cambio climático, das desigualdades que se xeneran en lugares onde o efecto é maior. Estamos vendo agora mesmo o concepto "refuxiado climático"
#epdlab


martes, 17 de xaneiro de 2017

Olimpíada de Biloloxía

Alba. Laura e Irea veñen de participar na Olimpíada de Bioloxía 2017, celebrada na Facultade de Bioloxía da USC (Santiago de Compostela). Ademais de ser unha magnífica experiencia para vindeiros eventos, permitiu a estas tres alumnas de 2º de Bacharelato visitar un laboratorio da Facultade.



 

mércores, 7 de decembro de 2016

luns, 28 de novembro de 2016

Impresoras 3D

Acabamos de probar o este kit de impresión 3D recén chegado ao centro. En breve estará operativo para construir modelos de aplicación na aula. A impresión tridimensional ofrece múltiples posibilidades: figuras xeométricas, ortopedia, mapas de relevo...



martes, 22 de novembro de 2016

Visita a Galiciencia 2016

Marcos & Gabriel (3ºESO) e Joely, Angel, Adrián, Álvaro & Rubén (1ºBac). Hoxe 17 de novembro os grupos de 3º de ESO e 1º de bacharelato fomos a visitar Galiciencia, a maior feira das Ciencias de Galicia, a San Cibrao das Viñas. De camiño paramos a comer en Allariz. Ao chegar separáronnos en dous grupos: nun dos grupos os de 3º de ESO e no outro os de 1º de bacharelato.
Na carpa puidemos ver uns experimentos que facían alumnos doutros centros. De todos os que había o que máis nos gustou foi no que se cultivaban microorganismos nuns recipientes chamados placas Petri que conta con alimento para os microorganismos, o experimento consistía en poñelas en diversos lugares do seu instituto e logo observaban o tipo de microorganismos que crecía en cada unha delas. O experimento estivo moi ben e ademais déronnos unha placa para facelo na casa ou no noso instituto. Tamén vimos un experimento dun robot que se poñía nas clases que esquivaba obstáculos e que se os alumnos falaban moito avisaba ao profesor.



Tamén nos deron unha charla de “As matemáticas na natureza” onde un dos temas tratados foi a lei de Fibonacci e fixemos pompas de xabrón.
No salón de actos do Parque Tecnolóxico escoitamos outra charla tamén a cerca das matemáticas e a súa utilidade con exemplos prácticos do mundo que nos rodea. Centráronse na historia dos números, nas súas crenzas (666, o número do demo), na historia do xadrez que posúe un gran achegamento ás sucesións matemáticas, na estatística (co Manuscrito Voynich) e o bonito achegamento que sucede entre as matemáticas e a música (cun exemplo visual para observar a forma das ondas que que se xeran cos distintos xéneros musicais; todo isto provocado nun tubo denominado Tubo de Rubens).


Ao acabar marchamos cunha libreta e dúas piruletas e coa mente chea de cousas e experimentos aprendidos...

xoves, 27 de outubro de 2016

Onde nace o Bibei...

O. Villar | O alumnado do primeiro ciclo da ESO tivo esta semana a oportunidade de visitar a central hidroeléctrica de San Sebastián (ENDESA), no concello de Viana do Bolo. O día deu moito de si, xa que logo dun pequeno tentempé realizaron unha ruta de sendeirismo por Porto (Zamora), remontando así o río Bibei case ata o seu nacemento.

Imaxes: J. Pérez


Enlace á nova en "La Voz de Galicia"

xoves, 22 de setembro de 2016

Galiciencia 2016

Laura T e Monse U | Chega outono e con el #Galiciencia 2016, a maior feira científica de Galicia. Como todos os anos, e este será o terceiro ano que o fagamos, o IES Carlos Casares participará no concurso de fotografía este ano a temática son AS MATEMÁTICAS.


Así que xa sabes colle a túa cámara de fotos ou móbil, fai unha foto (podes enviar ata 3) bótalle imaxinación e ponlle un bo título. Logo envíallo ao teu profe de matemáticas ou bioloxía antes do 20 de outubro. Lembrade que o voso compañeiro Juan Bembibre foi o gañador neste concurso en Galiciencia 2015, entre todas as fotos enviadas polos centro de Galicia. Se tedes algún proxecto de investigación científica también podes participar (preguntade ás profesoras de Bioloxía).

mércores, 29 de xuño de 2016

Xermolón: Comendo con sentidiño en Viana


Monse Ulloa e Vera García. Dentro de Xermolón, outro dos plans Proxecta nos que participou o noso centro durante este curso 2015-2016 o alumnado da ESO traballou sobre a importancia da alimentación. A continuación amosamos algúns exemplos dos traballos.
Manexaron a roda de alimentos: elaboraron murais en francés, e traballaron coa roda en lingua inglesa para EDI co que se reforzou ademais da parte de ciencias vocabulario nas diferentes linguas.


Realizáronse enquisas sobre hábitos alimenticios e costumes no almorzo, e o alumnado de 1º de ESO desfrutou dun almorzo saudable ou “Healthy Breakfast” en colaboración co departamento de inglés (como xa se informou no Choupín ver).


Aprenderon a extraer información das etiquetas dos alimentos (elaborando gráficos sobre porcentaxe de nutrintes, deseñaron etiquetas para produtos inventados,...).




Reflexionaron sobre os hábitos alimenticios no consumo de produtos da cafetería, os novos superalimentos, a importancia dos legumes na dieta (co galo que o 2016 é o Ano Internacional dos Legumes).
O alumnado de 3º de ESO de Cultura Clásica reflexionou como variou a nutrición desde a época dos romanos.




luns, 27 de xuño de 2016

Visitamos unha central no río Bibei

O pasado 22 de xuño o alumnado de 2º da ESO visitou a Central Hidroeléctrica de San Sebastián, ubicada nun recóndito paraxe do río Bibei. En todo momento arroupados polas explicacións de Álvaro e Ernesto, comprenderon un pouco mellor conceptos como tubería forzada, alternador, turbina ou alivio. A visita incluiu tamén o acceso á presa asociada á central, un tramo augas arriba.


luns, 20 de xuño de 2016

Salvavidas 2016


V. García y M. Ulloa | Dentro do programa “Salvavidas” do Plan Proxecta no curso 2015-2016 traballouse con alumnado de segundo ciclo de ESO e Bacharelato. Ao longo deste curso os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO recompilaron e espuxeron na clase novas sobre a doazón e transplantes recollidas en diferentes medios de comunicación.

 
O alumnado de 1º de Bacharelato nas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica ademais de recoller e comentar novas tamén realizou e espuxo diferentes traballos sobre: tipos de transplantes, pasos que “segue” un órganos desde que hai posibilidades de doalo ata a súa recepción, España e como exemplo da xestión de doazón e transplantes a través da ONT. 

 
 
Este alumnado tamén desenvolveu un debate con dúas posturas enfrontadas ante a doazón, esta actividade resultou interesante porque algúns tiveron que defender posicións coas que non estaban de acordo.
Debido a problemas de axenda este ano non tivemos a oportunidade de ter a charla sobre doazón que como todos os anos veñen darnos, esperamos que no vindeiro curso poidamos escoitar en primeira persoa testemuñas dun transplantado e de como funciona e se coordinan en Galicia as doazóns e transplantes de órganos.

martes, 5 de abril de 2016

Visita cultural a Ponferrada

Recentemente o alumnado do segundo ciclo da ESO vén de visitar en Ponferrada o Museo da Enerxía, o da Radio e a Aula Arqueolóxica das Médulas. Esta saída, levada xa a cabo hai dous cursos con notable éxito, non defraudou tampouco desta vez, e o alumnado amosouse satisfeito coa planificación desta viaxe cultural.





Iago Vidueira comentábanos:

"A mi el museo de la radio me pareció muy interesante, no tanto la parte del museo, si no más la parte del estudio de radio, donde los de tercero grabamos un programa de radio de 7 min, que tardamos en grabar casi una hora.
En la parte del museo vimos la evolución de la radio en España desde el 1920 hasta 1990 y los premios ganados por Luis Del Olmo."




martes, 22 de decembro de 2015

VIH

O pasado 18 de decembro acompañounos Natalia, da Cruz Vermella, nun obradoiro sobre a SIDA. Enfocado ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, este taller incidiu sobre as principais causas de transmisión desta enfermidade e a súa evolución nas últimas décadas.


luns, 30 de novembro de 2015

Xornada Micolóxica en Viana do Bolo

M. Ulloa | Nunca o nome do blog da nosa revista tivo tanto que ver coa noticia que colgamos... O pasado sábado 14 de novembro celebrouse a I Xornada Micolóxica organizada polo Concello de Viana do Bolo, onde preto de 30 persoas, entre elas alumnos e profesores do noso centro, tivemos a oportunidade de coñecer, grazas a tres membros da asociación ourensá “Os Cogordos”, un pouco máis sobre cogomelos.


Nunha mañá fresquiña pero con sol saímos recoller exemplares, e logo dunha boa camiñata enchemos máis de 4 cestos mentres nos ían contando curiosidades do mundo das setas. Xa pola tarde, na Casa da Cultura os expertos explicáronnos as características dos cogumelos recollidos; alí aprendemos as diferenzas entre a Macrolepiota procera (o noso Choupín) e a Lepiota, que non todos os Boletus que se poñen azuis son velenosos, as principais diferenzas entre algunhas especies do difícil xénero das Amanitas, que as Rusulas rompen o seu pé como se fose un xiz...


Algúns dos exemplares clasificados estiveron expostos no laboratorio de bioloxía, pero para os que non tivestes oportunidade de velos, o equipo de normalización en colaboración co departamento de Bioloxía está a elaborar unha pequena presentación que en breve a colgaremos no Choupín.


E para rematar a xornada degustamos os cogumelos recollidos en empanada, guisadas, en tortilla e mesmo nun arroz...

Agardamos que o próximo ano poidamos ter a oportunidade de seguir aprendendo na seguinte xornada micolóxica e que o alumnado do IES Carlos Casares se anime a aprender fóra da aula.

mércores, 25 de novembro de 2015

Gañador do certame de Fotografía Galiciencia 2015

O alumno de 4º de ESO Juan Bembibre resultou gañador no apartado de alumnado no certame que todos os anos se organiza con motivo da celebración de Galiciencia. Este ano para celebrar o Ano Internacional da Luz e as tecnoloxías baseadas na luz, as fotografías tiñan que retratar calquera obxecto ou contorno relacionado con esta temática. Desde o IES Carlos Casares sempre os animamos a todos a participar e este ano enviamos 20 fotografías, entre elas a de Juan que leva por título Xélida Primavera e que resultou gañadora. Noraboa!!!
 
 
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.913578502069371.1073741828.344331598994067&type=3
https://twitter.com/choupindixital/status/669190546037059584

martes, 24 de novembro de 2015

Planetario móbil no CEIP Bibei

Sonia e Yoel (1º ESO) | O xoves 18 os nosos ex-compañeiros do CEIP Bibei de Viana do Bolo convidáronnos a asistir a unha sesión do planetario burbulla que tiñan no centro. E iso fixemos!! Na hora de bioloxía saímos e estivemos alí. Vímolo: un vídeo sobre as estrelas.
 

Ao acabar vimos a os rapaces e rapazas que estaban por alí, saudamos ás profes e invitáronnos a unha merendola.

xoves, 19 de novembro de 2015

Galiciencia 2015

Este pasado 18 de novembro o primeiro ciclo da ESO do IES Carlos Casares vén de participar na presente edición da Galiciencia, en Ourense, a través de diferentes talleres coma un sobre a luz...

A punto de entrar aos talleres de investigación

Nun taller de novas tecnoloxía baseadas na luz