O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta conferencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conferencias. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de febreiro de 2018

Presentación Material ODS Madrid

O domingo 25 e luns 26 de febreiro de 2018, un grupo de 15 docentes en Educación para o Desenvolvemento de todo o Estado, no que o noso IES estivo representado polo noso Director, Carlos Ferreiro, deseñou unha axenda de presentación e difusión da obra "El desafío de los ODS" en Secundaria.
 
 
Esta Unidade Didáctica arranca de un cómic elaborado por Pedro Cifuentes, Montse Alonso e Rocío Copete, na que 12 profesores máis idearon unha serie de actividades para desenvolver na aula, cada un desde a sus experiencia e ámbito profesional (no caso de noso centro, no ámbito lingüístico). O próximo desafío será levalo a cabo na práctica en múltiples centros no curso 18-19. Aceptamos desde xa este reto, e gracias, como sempre, a AECID, por contar co noso centro.

mércores, 19 de abril de 2017

Adiccións II

Hoxe tiveron lugar no IES Carlos Casares dúas interesantes conferencias sobre novas tecnoloxías e substancias perigosas, respectivamente para o 1º e o 2º ciclo da ESO. Agradecemos a Pilar Trabazo a súa presenza, interese e bo facer na continuación dos obradoiros iniciais, que tiveron lugar o pasado mes.


martes, 6 de setembro de 2016

Mediadores e mediadoras para a Paz

Está a piques de comezar o III Curso de formación de Mediadores e Mediadoras para a Paz impulsado pola Rede de Mediación Escolar Xesús R. Jares no CCEE Reyes Ctólicos de Bogotá (Colombia).


Hoxe pola tarde Luis Fernández, Rector do centro bogotano, e Ovidio Villar, Vicedirector do IES Carlos Casares levaron a cabo unha primeira aproximación a esta formación en centros co profesorado participante. Esta semana formaranse preto de 100 rapaces de diferentes colexios da capital colombiana. O acto de inauguración terá lugar mañá día 6 de setembro ás 8:30 h (hora colombiana), e está previsto que asista o ex-Presidente colombiano Belisario Betancur. Colombia vive nestes momentos un proceso de transición cara á paz, polo que a creación dunha cultura de diálogo e non violencia se antolla esencial.

luns, 25 de abril de 2016

Sen deixar ninguén atrás...

Os profesores do noso centro Carlos Ferreiro e Luis Crende tivemos a honra de asistir nesta fin de semana do 22 ao 24 de abril a VI  Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo "Creando Redes", que tivo lugar en Guadarrama (Madrid).


O lema de esta edición foi "As persoas no centro, sen deixar a ninguen atrás". Tres días de traballo en torno a solidariedade e  a xustiza social na educación, e na que ademais, África foi a protagonista. Ali tivemos tempo  a intercambiar experiencias, comparar a conexión entre la proxectos en África co noso irmanamento con Bermejo-Bolivia, e debatir sobre o futuro de estas actividades que tanto contribuen a construir unha cidadania crítica e autónoma.

Máis información: http://docentesparaeldesarrollo.blogspot.com.es/

martes, 5 de abril de 2016

VII Semana da Orientación

O. Villar | Onte celebrouse a VII Semana da Orientación no IES Carlos Casares. A xornada, inaugurada pola Xefa Territorial de Educación Mercedes Gallego, foi valorada como moi positiva por parte dos asistentes. O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato coñeceu de primeira man o funcionamento das universidades galegas, entre outras, e os aspectos máis relevantes dos ciclos formativos que se poden cursar, entre outros lugares, na Pobra de Trives ou no Barco.







Durante a mañá visitáronnos as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, León e Chaves. Xa pola tarde, leváronse a cabo tres talleres informativos: o de infantería de marina, o de electricidade e o de mecánica. Roberto Cid, inspector de educación, valorou este tipo de iniciativas como útiles, vitais e de necesaria conexión coa realidade.

martes, 8 de marzo de 2016

Reivindicando a igualdade sempre!

Animada actividade organizada polo CIM de Viana do Bolo

Carlos C. | O luns 7 de marzo tivemos unha actividade onde un comico da TVG nos falou da discriminación que aínda sofren na actualidades as mulleres en moitos aspectos. Esta charla foi polo dia mundial da muller traballadora. Pasamolo moi ben e rimos moito con él!


venres, 4 de marzo de 2016

A realidade dunha escola do Perú

Hoxe acompañounos Raúl, un compañeiro Santiagués que exerce a docencia nun centro educativo peruano. Chegado ao deserto do Callao (preto de Lima), hai catro anos e a través dunha ong, ten unha morea de experiencias que contar e compartir.


O alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de coñecer, de primeira man, a realidade social, cultural e educativa de Perú: a vida nos asentamentos, as dificultades para asistir á escola, a violencia de xénero tan presente a diario, a falta de medios, a polarización da sociedade... A través dunha magnífica colección de instantáneas e o relato acolledor do noso visitante puidemos reflexionar tamén sobre a nosa propia realidade. 

Esta actividade enmárcase nun proxecto máis amplo, "Artes e Mares", que pretende crear un espazo común de traballo entre este centro peruano e o IES Carlos Casares.

martes, 2 de febreiro de 2016

Non cales!

Paremos o maltrato denunciemos a violencia de xénero!

Irene D. | O día 29 de xaneiro os alumnos de 1°, 2° e 3° da ESO tiveron polo Plan Proxecta "Por 365 días de respeto e igualdade" unha charla con Pilar Díaz na que abordaron de novo o tema da violencia de xénero a todos os niveis.


Pilar traballa no Centro de recuperación de víctimas de violencia de xénero de Santiago de Compostela e quixo compartir cos rapaces a súa experiencia diaria no ámbito das mulleres maltratadas. Comentáronse as causas, os diferentes casos de vidas anuladas polo maltrato, os indicios que levan a detectar estas circunstancias e as medidas legais a tomar ante situacións que se dan día a día.
Grazas, Pilar, polo teu esforzo e por compartir con nós parte do teu tempo.

sábado, 2 de maio de 2015

Visitamos dúas cooperativas

Este ano o grupo de 3º de ESO recibiu unha completa formación sobre cooperativismo. Se ben  durante o segundo trimestre tiveron diferentes actividades no centro, foi o pasado 17 de abril cando tiveron a oportunidade de visitar dúas cooperativas de Verín e Xinzo. A través do noso amigo Tomás, de AGACA, coñeceron o funcionamento in situ dunha forma cooperativa de traballar.




venres, 1 de maio de 2015

Moito máis que contidos...

Na pasada fin de semana, do 24 ao 26 de abril, o IES Carlos Casares estivo representado por medio do seu director, Carlos Ferreiro, no V Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo, que se celebrou en Guadarrama (Madrid).


Baixo o lema deste ano, "Dejando huella", prestouse especial atención aos proxectos de desenvolvemento que potencian a igualdade de xénero e a dignificación da muller. Lembramos que na nosa colaboración con Bermejo-Bolivia, establecemos un acordo de apoio a cooperativas de mulleres, que manufacturan productos artesanais, (gorros e bufandas que logo o noso alumnado voluntario e cooperantes externos nos axudan a vender).


O domingo pola maña tivemos tamen a honra de ser convidados a unha mesa redonda sobre xénero, con varias expertas a nivel nacional. As xornadas déronnos un pulo para afianzarnos na senda educativa do noso centro; integrar a loita contra a violencia sobre a muller, a solidariedade mediante o voluntariado ou a cooperación, a educación afectivo-sexual ou a aprendizaxe por proyectos son a alternativa aos perigos da competitividade que a sociedade transmite a rapazas e rapaces, ou a "mercantilizacion" da escola. As múltiples e variadas actividades do centro, dentro e fora do instituto, fanse polo tanto, non so convenientes senón imprescindibles.

Gustaríame rematar a crónica coa reflexión do pedagogo madrileño Miguel Ardanaz: "Os contidos son como moito, un elemento de partida, entre outros, pero non un punto de chegada"

I Curso de Mediación Escolar no CCEE Reis Católicos

Os nosos queridos compañeiros Luis Fernández (CCEE Reis Católicos) e Susana Fernández (IES Carlos Casares) veñen de organizar e levar a cabo o I Curso de Mediación Escolar "Xesús R. Jares" en Bogotá. Parabéns, e moita sorte á primeira promoción de mediadoras e mediadores.

Susana Fernández, durante a presentación


Máis información

martes, 7 de abril de 2015

Multiconferencia: "O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo"

Alba R., Irea R. | Para conmemorar o día mundial da árbore alumnos de 1º, 2º e 4º curso da ESO asistimos o pasado 18 de marzo a unha conferencia virtual, organizada por "O monte é a nosa vida" na que se trataron temas de grande importancia no día de hoxe que si aplicásemos e tivésemos conciencia deles, viviríamos nun mundo moito menos contaminado e sen perigos como o quecemento global.


Grazas a ela fomos conscientes da importancia que teñen as árbores para nós, os seres humanos, e para unha gran cantidade de fauna. As árbores teñen unha gran funcionalidade , dende converter o CO2 en O2 mediante o proceso de fotosíntese, ser eficaces cortaventos, ancorar ben o solo, proporcionarnos madeira, papel, froitos, sombra e ata refuxios para os “bichiños” que buscan protexerse do mal tempo ou dunha noite longa e fría.

Vai uns 8000 anos  a maioría do planeta gozaba dunha densa superficie de masa forestal, pero dende estes últimos anos estase a diminuír un 20% cada ano, o equivalente a superficie de Grecia!! Cada ano elimínase masa forestal equivalente á superficie de Grecia. As principais causas polas que esta espesa arboreda está desaparecendo son os lumes (os máis perigosos son os incendios do subsolo debido a que se queima o solo a parte do que é a materia orgánica o que provoca que despois do incendio sexa moi difícil que se volva rexenerar) e as grandes deforestacións ás que están sometidas as grandes superficies de árbores .Para evitalo, débese manter o monte nunhas boas condicións de limpeza, eliminando maleza que é moi inflamable á hora de producirse un incendio. Outra medida para axudar a que se rexenere o solo é facendo plantacións de árbores. Tamén se diminúe a cantidade de CO2 expulsada á atmosfera fabricando con madeira en lugar de con formigón.

O máximo coidado e solidariedade cando imos ao monte é moi importante, dixéronnos, xa que o mínimo descoido pode provocar incendios que deforesten grandes áreas de árbores. Isto é potencialmente perigoso, non só para os bosques, senón tamén para nós. Tamén nos contaron que a proporción entre áreas deforestadas anualmente e reforestadas, está moi lonxe de ser proporcional e iso, é un problema, pois non podemos consumir máis do que temos sen replantar. Aquí, en Galicia, a provincia que máis superficie arbórea ten é Lugo, e sobre o resto de España, Galicia constitúe o 11% da masa forestal, é o “pulmón” de España. As principais árbores que atopamos son castiñeiros, carballos ,eucaliptos e piñeiros aínda que a única especie autóctona que se cita é o carballo. Durante a conferencia, desmentíronnos algo que tiñamos moi interiorizado con respecto a que os eucaliptos ao ser unha especie invasora é daniña para o terreo, cando en realidade non é así, é máis, é beneficioso debido á función que leva a cabo.

Todos estes puntos mencionados, son de grande importancia na actualidade, ser conscientes deles e consecuentes, pode que nos axude a vivir dun xeito, con moitas máis calidades e nun mundo moito máis san e sostible, reducindo o quecemento global e o efecto invernadoiro.

Ao rematar a conferencia o alumnado do IES Carlos Casares xunto con alumnado doutros centros de primaria e secundaria de Galicia fíxolles unhas cuestións virtuais ás persoas que nos estaban informando a través dun chat. O slogan “Unha árbore é vida” ten moito sentido xa que sen elas a vida na Terra non sería posible e esperamos que esta conferencia nos fixera reflexionar sobre a súa importancia e que aprendamos un pouco máis sobre elas, como son e como conservalas no presente e no futuro.

domingo, 8 de marzo de 2015

Campaña Mundial pola Educación 2015

O. Villar | Comezou de novo esta actividade, un clásico do noso calendario, e que busca ano tras ano a reflexión e posterior acción sobre diferentes aspectos de mellora na educación e no acceso á mesma dende a infancia: educación para nenas e nenos, traballo pola igualdade norte-sur, o incremento do número de mestras e mestres...

Iago cos seus avós, Bárbara e Magín
Este ano comezamos cunha interesante análise: as diferencias e similitudes da escola actual, a de Iago, e a escola á que foron a súa avoa Bárbara e o seu avó Magín. Un modelo de escola, esta última, perfectamente relatado polos nosos amigos, e inspirado no bisavó de Iago, mestre rural nunha época tan lonxana como difícil para a profesión da docencia. Dende este instituto queremos agradecer aos tres non soamente a apaixoante historia que nos relataron, senón tamén a súa implicación e disposición para que este proxecto siga adiante.

Susana Fernández, Secretaria do IES, participou tamén na entrevista

Recolleron estas impresións Fon e Miki (EDUCO), dous bos amigos do noso IES. As imaxes gravadas formarán parte dun documental que se estreará durante a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) a finais de abril.

luns, 2 de marzo de 2015

Cooperativismo para 3° de ESO

R. Porto, H. Barros, O. Villar | O pasado venres acompañáronnos Marta e Daniel, da rede EUSUMO, para falarnos das cooperativas como posibilidade de futuro.


O primeiro que fixemos foi colocarnos en catro grupos. Cada grupo sería un membro dunha cooperativa. Nese momento, pintamos nuns folios un "X" e un "Y". Supostamente eran dous produtos que tiñamos que vender para obter o máximo beneficio posible.


Vendendo todos o mesmo produto obtiñamos beneficio seguro. Se nos enganabamos uns aos outros, podiamos obter moito beneficio so uns, e a longo prazo todos nos arruinamos. Aprendemos que para formar parte dunha cooperativa hai que coñecer moi ben ás persoas que participan con nós e ter unha gran confianza nelas.

martes, 2 de decembro de 2014

Plan de convivencia en centros

Como cada ano, o noso IES acóllese ao Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas Contornas, unha moi boa iniciativa promovida pola Delegación do Gobernos en Galicia. Desta vez, tiveron lugar dúas máis que necesarias ponencias: "Perigos das novas tecnoloxías" para 1º de ESO e "Violencia de xénero" para 2º de ESO. Agradecemos, neste caso á Garda Civil como representantes deste proxecto de cara ao noso centro, o seu esforzo na procura de dous obradoiros tan importantes como amenos e participativos.

mércores, 21 de maio de 2014

GaliSENIOR 2014

Rubén D. | O noso alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitou o pasado xoves á novena edición de GaliSENIOR, salón adicado ás persoas maiores galegas, ás súas familias e a profesionais que prestan servizos neste sector da poboación. 


Pola mañá as alumnas e alumnos do Carlos Casares asistiron a diferentes conferencias de Xornadas Técnicas, resultando de moito interese a de Atención no Medio Rural. Visitaron tamén varios stands, como o da Cruz Vermella. Xa pola tarde, participaron de forma exitosa nun taller de risoterapia. A xulgar polos sorrisos, coidamos que esta viaxe foi todo un éxito.


luns, 28 de abril de 2014

Dúas interesantes charlas coa Garda Civil

Hoxe pola tarde, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou en dous talleres impartidos por Paco e Fernando, axentes da Garda Civil, dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas. O primeiro dos talleres estivo adicado aos perigos en internet, e fundamentalmente orientado á prevención ante prácticas como pode ser o ciberbullyng ou o sexting. Durante o segundo taller, o alumnado reflexionou sobre os perigos que conleva o consumo de substancias tóxicas para o organismo como poden ser o alcol, o tabaco e outras drogas.



Agradecemos aos axentes que nos acompañaron esta tarde a súa labor, sin a cal sería complicado chegar á xuventude con información, ideas e consellos fiables e de última xeneración.

mércores, 16 de abril de 2014

CME 2014 no IES Carlos Casares

Pedimos unha educación inclusiva, e nestes últimos anos un dos camiños para facernos escoitar é a Campaña Mundial pola Educación. Este ano a CME repara nas barreiras que aínda separan ás persoas con discapacidades do sistema educativo.


Logo da participación no acto central da campaña de 2014 na sé do Valedos do Pobo en Santiago de Compostela o pasado 10 de abril, o pasado venres tivemos no Carlos Casares de Viana un acto no que reivindicamos o dereito a unha educación de calidade para todas e todos.


O alumnado da ESO estivo pendente durante preto de hora e media do que o Voluntariado do IES Carlos Casares, Educación sen Fronteiras e ASFAVAL nos contaron: as experiencias en anteriores campañas no centro, a xornada do 10 de abril en Santiago, a importancia de reivindicar unha educación inclusiva e a labor que institucións como ASFAVAL veñen desenvolvendo en relación á axuda a persoas con discapacidades.

Agradecemos a todas e todos a vosa presenza neste acto.

mércores, 2 de abril de 2014

Radio Tehuacán

O. Villar | Acompañáronnos esta mañá Jasmin, José Manuel e Iris, case recén chegados dende El Salvador para presentarnos un proxecto xenial, altruísta e valente. Contra vento e marea, contra unha sociedade non libre (o medo coarta a liberdade), transmiten á súa comunidade a idea de que un mundo mellor é posible. A través das ondas dun programa de radio (Radio Tehuacán), traballan dende a importancia da igualdade de oportuinidades ata o valor da cooperación. Son voluntarios e voluntarias e teñen moi clara a importancia da súa tarefa.


Esta interesante proposta chéganos da man de Paula Rojas e no marco do proxecto Cooperación Galega: o mundo que queremos, e terá continuidade en Santiago de Compostela o vindeiro catro de abril, nun encontro de todos os centros que participan nesta actividade do Plan Proxecta. Participaron 1º e 2º de ESO.

venres, 7 de marzo de 2014

Día da Muller

O. Villar | Ao coincidir en sábado o 8M, hoxe conmemoramos o día da Muller no IES Carlos Casares. Lonxe de rexeitar o tópico "non debera ser un día, senón todos", vemos esta xornada como un espazo de reflexión sobre a nosa situación actual, como un momento de opinión, coñecemento e oportunidade de compartir e construír na busca dunha sociedade igualitaria e respectuosa en cuestión de xénero.

Un momento de reflexión co alumnado de 1º de ESO

Durante toda a xornada acompañounos Ana García, amiga, alumna, profesora en moitas ocasións e voluntaria do noso IES. A través de tres interesantes documentais, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO analizou as diferentes situacións desfavorables que moitas mulleres están a vivir no mundo.

Momento de traballo en grupo en 3º de ESO

Ana traballando co grupo de 2º de ESO

Os grupos de 1º de ESO traballaron o documental "Binta y la gran idea", o de 2º de ESO visionou "¿El sueño imposible?" e os de 3º de ESO fixo o propio co documental "Mujeres liderando sus vidas y procesos". Logo de cada un dos pases, o alumnado realizou reflexións e postas en común a través de pequenos grupos de traballo, chegando a conclusións tan interesantes como "para atopar desigualdades de xénero non hai que ir moi lonxe" ou "a clave para acadar a igualdade é unha boa educación". Podemos dicir que este conxunto de actividades foi un éxito visto o excelente nivel de participación de mozas e mozos.