O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta ciclo formativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciclo formativo. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de abril de 2018

Que ciclo queres estudar en Viana?

Dende o IES Carlos Casares, desexariamos sondear os intereses que poidan existir na vila e na bisbarra con respecto á implantación dun novo ciclo medio modular de formación profesional


Como sabedes, o ciclo de Atención á Dependencia, logo de 11 anos, está en vías de agotamento, polo que nos gustaría contar cunha participación ampla de persoas interesadas en cursar algún tipo de estudos profesionais. Por agora, tennos chegado, de xeito informal, certo interese polo ciclo de Farmacia, pero o que vos pedimos é que a través do enlace seguinte nos indiquedes, xa de forma oficial, esta ou outras preferencias. O link estará aberto ate o 30 de abril, xa que se quixesemos tentar a implantación para o vindeiro curso, o tempo apremia. En todo caso, e de non ser posible, o voso interese sería unha referencia para o curso 2019/20.


luns, 20 de febreiro de 2017

Visita a Geriatros

O alumnado do Ciclo Formativo de Atención a PSD vén de visitar a residencia Geriatros, ubicada no concello de Larouco. Neste centro, unha das alumnas realiza a FCT.


xoves, 15 de decembro de 2016

Buscando ideas para as FCT

Carlos Ferreiro e Ovidio Villar veñen de participar no II Fórum "Ensino Profissional e Transfronteiriço 2016: Perspetivas de Cooperaçao", celebrado en Valença (Portugal) o pasado 13 de decembro, para analizar unha nova forma de xetión de empresas para a realización da FCT (formación en centros de traballo) do alumnado de formación profesional.


link ao programa

xoves, 9 de xuño de 2016

Nova promoción no ciclo de APSD

Hoxe gradúase unha nova promoción do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. En total, seis alumnas que rematan os seus estudos, formadas para a súa incorporación inmediata ao mercado laboral. Sorte!


xoves, 26 de maio de 2016

Presentamos o noso ciclo

Vén de presentarse, na aula Xesús R. Jares do noso IES, o ciclo medio de Atención a persoas en Situación de Dependencia. Contamos coa presenza do alcalde de Viana, Secundino Fernández, que incidiu na importancia dunha formación sólida en cuestións de atención á dependencia e no aumento de horas de traballo demandadas neste sector.

Foi unha presentación clara e moi ben levada a cabo por parte das alumnas do ciclo, arroupadas polo seu profesor, e a todos eles agradecemos a súa colaboración.





martes, 24 de maio de 2016

luns, 23 de maio de 2016

Primeiros auxilios

O alumnado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia exerceu de formador para o público en xeral un curso de primeiros auxilios celebrado a pasada semana no IES Carlos Casares. Dende manobras básicas de mobilidade e inmobilidade ata como actuar en caso de feridos conscientes, inconscientes, etc. Consideramos básica esta formación para a poboación en xeral, así que vos animamos a seguir a participar en vindeiras ocasións. Grazas tamén ao alumnado de ciclo!! 









venres, 6 de maio de 2016

Visitamos o CDR O Viso, en Lodoselo (Sarreaus)

O Centro de desenvolvemento rural O Viso está en Lodoselo, un pobo do concello de Sarreaus, e conta con servizos e instalacións para traballar con persoas maiores, mozas e mozos, nenas e nenos e tamén xente adulta.


Desenvolven actividades moi interesantes, como o de xantar a domicilio para persoas que viven soas ou son maiores, o xantar no comedor social para o que recollen as persoas maiores polos pobos, ou a vivenda comunitaria na que viven 12 persoas maiores.

Na visita tivemos ocasión de participar e axudar nas tarefas diarias do centro, repartindo as comidas na furgoneta polos pobos, recollendo ás persoas maiores para achegalas ao comedor, servindo a comida e acompañando ás maiores á vivenda comunitaria. Tamén visitamos a vivenda comunitaria, o centro de inclusión, e o albergue que está na antigua casa rectoral do pobo, coas súas salas de actividades e xogos, o tear …, os animais da granxa e a horta e o invernadoiro, o antigo comedor e cociña … 


Moitas cousas, todas moi interesantes e que dan moita vida a un pobo pequeniño como Lodoselo,  que puidemos compartir coas educadoras, terapeutas, auxiliares, cociñeiras.. do centro, en total 18 persoas que traballan neste Centro de desenvolvemento rural.

Aqui deixamos un enlace á web do centro, por se vos interesa: http://www.cdroviso.org/

De volta cara Viana paramos no Castelo de Monterrei, e tivemos a sorte de coincidir cunha visita guiada na que nos explicaron un montón de cousas interesantes da historia de este bonito sitio. Sorprendéronnos moitas cousas, como a anchura dos muros (tres metros nunha das torres), as vistas desde as torres, as historias de pantasmas, a medida exacta dunha vara marcada na parede da igrexa,  as tumbas, as marcas nas pedras de cada canteiro, ou que a igrexa estivo chea de terra para agochar as cousas de valor dos veciños cando a invasión francesa.


martes, 5 de abril de 2016

VII Semana da Orientación

O. Villar | Onte celebrouse a VII Semana da Orientación no IES Carlos Casares. A xornada, inaugurada pola Xefa Territorial de Educación Mercedes Gallego, foi valorada como moi positiva por parte dos asistentes. O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato coñeceu de primeira man o funcionamento das universidades galegas, entre outras, e os aspectos máis relevantes dos ciclos formativos que se poden cursar, entre outros lugares, na Pobra de Trives ou no Barco.







Durante a mañá visitáronnos as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, León e Chaves. Xa pola tarde, leváronse a cabo tres talleres informativos: o de infantería de marina, o de electricidade e o de mecánica. Roberto Cid, inspector de educación, valorou este tipo de iniciativas como útiles, vitais e de necesaria conexión coa realidade.

venres, 1 de abril de 2016

Visita a ANDREA, San Salvador dos Penedos (Allariz)


O día 8 de Marzo, as alumnas do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (IES CARLOS CASARES, Viana do Bolo) visitamos as instalacións da Asociación ANDREA. Ademais da conservación da raza asnal en Galicia, realizan terapia Asistida con Asnos para persoas en desvantaxe física, psíquica ou social.


Contáronnos que tamén fan xabrón co leite das burras e con diferentes aromas, que teñen á venta como forma de financiar o centro e actividade. A experiencia que tivemos foi moi bonita, estivemos no medio da manada de uns 20 exemplares, aprendemos a tratar con burros, e aprendemos que moitas persoas poden mellorar as súas habilidades de todo tipo coa axuda destes animais

venres, 22 de xaneiro de 2016

I Encontro Sobre Dependencia e Igualdade De Condicións en Pontevedra


O día 22 de Xaneiro alumnas e profes do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana Do Bolo, con alumn@s e profes do CIFP Portovello de Ourense, fomos ao CIFP A Xunqueira en Pontevedra para o I Encontro Sobre Dependencia e Igualdade de Condicions-Di Capacitad@S, invitadas polo alumnado que estudia alí o mesmo ciclo que nos. Fomos moi ben recibidos polo alumnado da Xunqueira, que era organizador do encontro, no que se falou de moitas cousas das que estivemos estudiando no ciclo.


Jennifer
Mónica
Esther
Beatriz

martes, 12 de xaneiro de 2016

As emocións e a intelixencia emocional

Neste trimestre estivemos traballando arredor das destrezas sociais, a comunicación e as emocións. Queriamos falar un pouco da intelixencia emocional, un dos temas que nos chamou mais a atención.


As emocións son parte moi importante das nosas vidas, son inevitables e ademais é normal e beneficioso manifestalas. A intelixencia emocional vén ser a capacidade para manexar, entender, seleccionar e traballar as nosas emocións e as das demais persoas, con eficiencia e xerando resultados positivos. Ten moitos compoñentes, que podemos dividir en: intrapersoais, interpersoais, de adaptabilidade, de manexo da tensión e de estado de ánimo.

Así, entre os INTRAPERSOAIS atopamos o autocoñecemento, a autoestima, a autorrealización e a independencia. Como INTERPERSOAIS, as relacións ou a empatía. Para a ADAPTABILIDADE, solución de problemas ou flexibilidade. Son tamén importantes os compoñentes que teñen que ver co MANEXO DE TENSIÓN, como o control de impulsos, ou os do ESTADO DE ÁNIMO, como o optimismo.

Para traballar estes temas, falamos de seis emocións básicas, cada unha coas súas causas e funcións:



Beatriz Vega Feliz
ESTHER Pérez Barreira
MÓNICA Pérez Barreira

Comunicación

Las alumnas del ciclo de APSD (Atención A Personas En Situación De Dependencia) hablaremos en esta ocasión de lo que significan las destrezas sociales, que son las habilidades para relacionarse con otras personas; para ello usamos la comunicación y distinguimos:



  • La comunicación verbal: que es a través del lenguaje escrito u oral.
  • La comunicación no verbal: es a la que menos importancia le damos pero es la que más usamos; porque aunque no uses el lenguaje verbal, con un gesto puedes decir mucho más.

Y … aquí os dejamos algunos ejemplos: mirada, a través del tono y volumen de voz, la cercanía con otras personas y muchas más.

Jennifer Carballo Sierra
Itziar Gañán Salgado
Rocío Basalo Blanes

Alumnado do Ciclo de APSD visita Ourense


O pasado 3 decembro, as alumnas e un dos profesores do Ciclo de APSD do nosos IES visitamos o centro Aixiña de atención a persoas con discapacidades físicas, parálise cerebral e maiores dependentes, en Ourense. Tamén visitamos o CIFP Portovello, para coñecer as instalacións, o alumnado e o profesorado dese centro, cos seus proxectos.



luns, 16 de novembro de 2015

Funcionamento do Sistema da Dependencia en Galicia

O día 8 de Outubro do 2015 as alumnas do ciclo de APSD do IES Carlos Casares fixemos unha visita á traballadora social de Viana do Bolo, Isabel, para realizar un traballo sobre como funciona o sistema da dependencia en Galicia. Tamén lle consultamos os pasos a dar polas persoas dependentes e os seus familiares.


A persoa que queira solicitar a declaración da súa situación de dependencia, poderá acudir aos servizos sociais do seu concello, donde se lle proporcionará toda a información e documentación necesaria para  iniciar os trámites de solicitude, recollidos na normativa. Os pasos son os seguintes:

1º Solicitude e Documentación
2º Informe Social, que realizarán os servizos sociais do Concello
3º Citación de Valoración no Domicilio
4º Valoración Médica dos Técnicos/as no Domicilio
5º Resolución da Valoración, e declaración da situación de dependencia

Unha vez recoñecida a situación de dependencia, e dependendo do grao valorado, a persoa dependente terá dereito a unha serie de servizos, que son os seguintes:
  • Servizo de prevención e promoción da autonomía
  • Servizo de teleasistencia e xeolocalización
  • Servizo de axuda no fogar (SAF)
  • Servizo de atención diúrna
  • Servizo de atención nocturna
  • Servizo de atención residencial
  • Servizo de atención ocupacional


Esther, Rocío, Jenni e Itzíar
Alumnas do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
IES Carlos Casares, Curso 2015-16

venres, 13 de novembro de 2015

Recursos que existen para atención a dependencia no noso entorno

As persoas en situación de dependencia, unha vez que se lle recoñece esta situación, teñen dereito a unha serie de servizos: teleasistencia, axuda a domicilio, centro de día, centro de noite, residencia, e centro ocupacional.


Nos arredores do concello de Viana do Bolo contamos con recursos para ofrecer estes servizos, se ben nos parecen escasos e insuficientes, debido ao envellecemento da poboación que motiva a existencia de moitos casos de persoas en situacións de dependencia nestes lugares.

Os recursos que máis abundan son as residencias públicas, moitas delas saturadas, e tamén as residencias privadas, de alto custe, ás que a maioría da poboación necesitada de estes servizos non pode acceder, debido ás baixas pensións de que dispoñen.

Outro recurso moi importante co que contan todos os nosos concellos é o Servizo de Axuda a Domicilio. A través de este servizo, as técnicas e técnicos desprázanse aos fogares para prestar axuda ás persoas en situación de dependencia que o teñen concedido nos labores que necesitan.

Por outra parte, na nosa zona hai carencias graves doutros recursos como os Centros de Día, que só os temos no Barco de Valdeorras e na Rúa de Valdeorras, e os Centros de Noite, que non existen nesta zona.

En resume, contamos con residencias nos concellos de Verín, Riós, A Mezquita, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Larouco, Trives, Manzaneda, Castro Caldelas, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda.

Contamos con Servizo de Axuda a Domicilio, xestionado polos concellos ou en réxime de concesión a empresas especializadas, en todos os concellos.

E con un só Centro Ocupacional, ASFAVAL no Barco de Valdeorras, que traballa con persoas con diversidade funcional intelectual.


Esther, Rocío, Jenni e Itzíar
Alumnas do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
IES Carlos Casares, Curso 2015-16

domingo, 31 de maio de 2015

Obradoiros de memoria

O alumnado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia levou a cabo esta pasada semana dous obradoiros de memoria en Punxeiro e Mourisca. Esta vindeira semana terá lugar o terceiro, na Veiga.



martes, 19 de maio de 2015

Alzheimer

O alumnado de ciclo vén de participar nunha interesante actividade celebrada na Casa da Cultura de Viana do Bolo: que é o alzhéimer r como detectalo.


sábado, 16 de maio de 2015

Oferta formativa na Pobra de Trives

O IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives presenta a súa oferta formativa para o vindeiro curso.


Para máis información, podes contactar a través do teléfono 988 348 035 ou ben da web http://www.edu.xunta.es/centros/iesxermanancochea/