O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
Amosando publicacións coa etiqueta musica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta musica. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2016

Costeando entre Bueu e A Guarda

J. M. Pérez, O. Villar | O alumnado de 3° e 4° da ESO está a realizar unha interesante saída cultural pola costa de Pontevedra e o norte de Portugal. Hoxe visitaron unha conserveira en Bueu (Palacio de Oriente) e o Trega na Guarda, de onde nos chegaron estas fotos.








martes, 26 de abril de 2016

Cantautores

Onte acompañounos Isaac, amigo do centro dende hai tempo, nun magnífico recital seu que serviu para coñecer de preto diferéntes épocas da nosa historia máis recente a través de cantautores como Horacio Guaraní, José Feliciano, Víctor Manuel ou Joaquín Sabina. Grazas por esta fermosura!


Podes ver diferentes temas interpretados na nosa canle de Youtube e no Facebook

sábado, 9 de xaneiro de 2016

Festival Solidario

Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura de Viana do Bolo un festival solidario para recadar fondos para becas de estudo para o alumnado da nosa escola irmanada a U.E. Timoteo Rondales (Bermejo S.C., Bolivia).


O concerto, organizado polo Concello de Viana, o IES Carlos Casares e a ONG Escolas da Terra, foi executado maxistralmente pola banda de folk de Ribas de Sil, que interpretou tanto pezas tradicionais coma outras máis modernas, cun estilo moi ben definido e unha grande variedade instrumental. Dito gupo doou CDs do seu traballo para a recadación de fondos.


O momento emotivo da noite protagonizouno Arcil Arroyo, compañeiro boliviano, nunha conferencia en directo con todo o auditorio. Finalmente, e grazas a donativos e á venda dos CDs e gorros bolivianos de comercio xusto foi posible recadar 569,40€, que irán destinados a becas de estudo para alumnado de Berjemo.

 

martes, 15 de decembro de 2015

Festival de Música

Os diferentes grupos da asignatura da ESO ofrecéronnos hoxe un pequeno concerto con pezas ensaiadas ao longo do primeiro trimestre, combinando diferentes instrumentos e estilos.


venres, 29 de maio de 2015

Donas de si

Cando quen participa nunha actividade ten cara de desfrutala, está relaxado e se ve feliz, a actividade non ten outra que ser exitosa. Ollade o fenomenal traballo do alumnado de 2° de ESO para o programa Donas de si (Plan Proxecta), coordinado por Natalia, profesora de Música.





martes, 21 de abril de 2015

O mundo que queremos

Juan B., Monse U. | O día 17 de Abril fomos de excursión a Santiago de Compostela, cantando no camiño de ida e pasándoo moi ben. Unha vez chegamos alí, reencontrámonos cos coordinadores do proxecto “O Mundo que queremos”. Estivemos na Sala Capitol, onde nos reunimos con outros centros de diferentes lugares que colaboraban co proxecto xunto con nós.



Rematadas as presentacións, comezou a despedida co grupo “Pacha Mama”. Moita festa, moita xente...

venres, 10 de abril de 2015

Odaiko fantástico

Hoxe o alumnado de 2° de ESO asistiu a unha fenomenal atuación do grupo percusionista Odaiko. Humor, didáctica e bos ritmos fundíronse ante un público totalmente entregado. Odaiko, un grupo galego, de Merzas, que crea bases rítmicas con toda clase de obxectos, mesmo co seu corpo. Moi recomendable!!

Un momento do concerto

Sesión de fotos

martes, 17 de marzo de 2015

Exposición de instrumentos musicais

O alumnado de 2° de ESO, e na asignatura de Música, vén de preparar unha interesante exposición de instrumentos musicais, creados por eles mesmos reutilizando diferentes materiais, e cunha sonoridade abraiante. A exposición permanecerá aberta ao público no corredor principal do IES. Interesantísima.









martes, 18 de novembro de 2014

Rutas CAL 2014, 3° día

Moi esperado o paseo matutino polo barrio gótico, e demasiado curto, se cadra. Quedamos con gañas de máis... Xa pola tarde, visita guiada ao Aquarium e relaxado paseo pola praia da Barceloneta...
Nas imaxes podedes ver: simbolixía no barrio gótico (a xustiza é volátil coma as anduriñas e lenta coma unha tartaruga), paseo pola "Catedral do Mar" (guiño a I. Falcones), Colón sinalando América, sala de tiburóns e paseo pola praia. Se queredes, podedes consultar a crónica diaria feita polos diferentes grupos aquí:


luns, 17 de novembro de 2014

Rutas CAL 2014, 2° día

Hoxe comezamos o segundo día cun maxistral Gaudí. As visitas ao Park Guell, a Pedrera e a Sagrada Familia sensacionais. Día de selfies e de convivencia. Somos un so grupo.
En breve veredes o blogue que entre todas e todos estamos a crear. Mentres tanto, un aperitivo: azotea da Casa Milá, bicas vianesas compartidas e equipos de periodistas traballando.

domingo, 16 de novembro de 2014

Rutas CAL 2014, 1° día

Primeiro día de viaxe para participar na oitava das Rutas Científicas, Artísticas e Litetarias, neste caso Cataluña e Valencia, propostas dende o MECD. Dura xornada de viaxe, pero a ilusión e as gañas intactas. Ao chegar a Castellbisbal por fin coñecemos aos compañeiros e compañeiras de Quintanar de la Orden, Toledo, que compartirán con nós esta aventura.
Nas seguintes fotos podedes ver, respectivamente, o noso paso polo Meridiano de Greenwich e a xuntanza do Carlos Casares co Alonso Quijano.

martes, 29 de abril de 2014

Vota!!!

Abriuse xa o prazo para a votación de filmes no Festival Olloboi 2014. O noso centro preséntase coas producións "Lipdub Camiñante" e "Grease vs Thriller". Para votar, preme no seguinte enlace:

xoves, 13 de febreiro de 2014

Estamos no Olloboi 2014!

Dúas curtas producidas no IES Carlos Casares participarán neste certame de vídeo

Ilda L. | Veñen de ser seleccionadas para participar na edición 2014 do festival Olloboi as curtas "Camiñante Lipdub" e "Grease vs Thriller". Aquí podedes ver a páxina na que aparecen seleccionadas, e a continuación as dúas producións.

http://olloboi.com/participantes/


xoves, 19 de decembro de 2013

Festival de Música 2013

Onte 18 de decembro tivo lugar na aula Xesús R. Jares o Festival de Música de Nadal. O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO interpretaron pezas traballadas durante todo o trimestre. Parabéns pola vosa actuación!


 

xoves, 12 de decembro de 2013

Nun festival de curtas en Perú

Dúas producións audiovisuais do IES Carlos Casares admitidas no "Festival de Cortos Escolares Video Zero"

As dúas obras, "Camiñante lipdub" e "Grease vs. Thriller", foron organizadas o curso pasado polo Departamento de Música. A primeira delas, involucrou á case totalidade das persoas que conforman a comunidade educativa, e a segunda foi levada a cabo polo alumnado de 1º de Bacharelato. Parabéns!

martes, 25 de xuño de 2013

Festival de Teatro e Música de fin de curso

Os pasados mércores, xoves e venres foron os días adicados aos festivais de Música e Teatro de fin de curso no IES Carlos Casares. Os departamentos de Latín e Grego e Música organizaron dous espectáculos realmente fenomenais. Parabéns tamén ao alumnado, que tanto en papeis teatrais como en coreografías amosou o enorme traballo levado a cabo durante todo o curso.

Galería completa de imaxes   

Grease vs Thriller

domingo, 26 de maio de 2013

Festival das letras

A pasada semana celebramos no IES Carlos Casares o Festival das letras, que une tanto o día do Libro como o día das Letras Galegas. A sesión comezou co recordo a Vidal Bolaño e ao 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosaía de Castro, para continuar cun repaso á canción protesta das últimas décadas. Parabéns aos departamentos organizadores: Lingua Galega, Lingua Castelá, Música e Latín.