O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 12 de decembro de 2009

A nosa nova imaxe

Todo muda. Co tempo precisamos dalgún cambio. E "O Choupín" non é unha excepción. Vimos de estrear nova imaxe e novo enderezo, aínda que o antigo seguirá temporalmente a existir e dende el un link a este. Todas as entradas de outubro de 2009 e posteriores aparecerán xa neste blog. Como acceder ás entradas anteriores a outubro de 2009? Moi sinxelo: na columna da dereita tes links a todas as seccións do antigo blog da revista. Tamén hai outras novidades. Xa dende hai tempo temos novo enderezo electrónico. Lembrámoscho: ochoupin@gmail.com. Para todas as consultas, opinións ou algo que nos queiras contar aquí nos tes.

Tamén agora che ofrecemos a posibilidade de unirte ó noso grupo de seguidores. Observa a columna da dereita e localiza o link para darte de alta. Anímate, que cantos máis "choupíns" sexamos mellor.

Grazas por lernos, por estar aí.

Equipo de redacción Revista Dixital "O Choupín"

xoves, 10 de decembro de 2009

As matemáticas teñen conto?

Departamento de Matemáticas vén de convocar o I Certame de Contos Matemáticos IES Carlos Casares. Para participar nel, escribe un conto baseado nalgún concepto matemático e envíao a ochoupin@gmail.com antes do 15 de xaneiro de 2010. Poderás gañar un fantástico MP4. O fallo do xurado publicarase neste blog.

martes, 17 de novembro de 2009

Proxectos 2.0.

Recentemente o noso instituto, xunto con outros catorce centros de toda Galicia, foi premiado na convocatoria da Xunta de Galicia de axudas a proxectos de investigación, dinamización e innovación educativa das tecnoloxías da información e da comunicación (Proxectos 2.0) para o curso 2009-10. Comeza a nosa andaina.


luns, 16 de novembro de 2009

Intercambio coa República Checa

Era un 17 de outubro. Cinco e media da mañá, pero non importaba, íamos lexos, moi lexos. Primeiro, a Madrid. Dende ahí, avión a Praga, República Checa. E, finalmente, ahí estabamos os doce españois, os tres checos que viñeron a recibirnos e máis o chofer. Felices, exultantes, faltaba pouco. Xa chegabamos... Brno, destino final, esa cidade da cal non sabiamos moi ben nin cómo pronunciar o seu nome. Baixamos do bus. Máis checos, os nosos checos, popularmente chamados recíprocos. Canda un marcha á que sería a súa casa nos vindeiros quince días.

Ó cabo de dous días, todos xuntos de novo no Instituto Checo-Español de Brno-Bystrch. Preséntanos ao grupo de alumnos da sección bilingüe española. Saúdos, primeiras clases e primeiras impresións. E así pasan os días. Rápido, demasiado para o noso gusto. Visitamos cidades eternas, covas escuras e Macdonald's de carreteira. Comemos sen pan nin servilleta, probamos o té, soportamos a Kofola e puxemos a proba o noso nivel de inglés. Bailamos no Rubicón, descansamos no Sherezada, degustamos StaroBrno, e compramos en Vankovka. A nosa anfitriona mostrounos o mellor dela, Praza da Liberdade, Axuntamentos Vello e Novo, Mercado de Legumes, Catedral.

O diccionario define a palabra exótico como algo "Extranxeiro, peregrino, raro". A miña definición queda incompleta. Maravilla: "Cousa que se admira, prodixio." Isto xa está mellor. Unha viaxe maravillosamente exótica.

Clara e Inés Ortega (4º ESO B)