O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 29 de maio de 2010

Fallado o VI Concurso de Fotografía Matemática

O xurado do VI Concurso de Fotografía Matemática, composto polos membros do Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense), decidiron outorgar os galardóns aos seguintes participantes:

1º premio: "Paralelas musicais ao infinito" (Pablo Alonso)


2º premio: "Algunhas palabras compostas pódense formar con letras e números" (Pablo Pérez)


3º premio: "As fraccións representámolas ata con mandarinas" (Nuria Basteiro)


Estas e máis fotos estarán expostas no IES a semana que vén e ata fin de curso. Grazas a todos os participantes, pois facedes deste certame unha cita ineludible coa fotografia e coas matemáticas.

martes, 25 de maio de 2010

Fallado o II Premio Fundación Endesa - IES Carlos Casares

O xurado composto polos profesores Constantino Armesto, Amelia Pintos, Monserrat Ulloa, José Fouz e José María Pérez decidiu outorgar na Segunda Edición do Premio Fundación ENDESA - IES Carlos Casares o galardón a Adrián Ortega Fernández, alumno do IES Carlos Casares de Viana do Bolo e autor dun traballo sobre a enerxía hidroeléctrica e a comarca de Viana.

O acto de entrega do premio terá lugar o venres 4 de xuño, na Aula Magna Jesús R. Jares, ás 13:00h. Asistirán a este acto diversos membros de ENDESA, entre eles don José Antonio Galván Fernández, Responsable de la Unidad Territorial Ponferrada de la Unidad Producción Hidráulica Noroeste de Endesa Generación S.A.

venres, 21 de maio de 2010

Fantástica viaxe cultural a Barcelona

Na derradeira semana de Marzo 50 alumnos e alumnas de Bacharelato, acompañados de catro profesores do centro (Carlos Ferreiro, Federico Méndez, Monse Ulloa e Mª del Carmen Varela) desfrutamos de catro días de visita cultural a Barcelona. Estivemos aloxados no albergue Pere Tarrés na zona da Diagonal, despois dunha longa e cansada viaxe. O primeiro día visitamos a área de Montjüic onde nos guiaron a través da historia da arte no Museo Nacional de Arte de Catalunya. Esa tarde rematamos cun paseo e unha boa e merecida cea.


O mércores, logo da noite “toledana” que tivemos grazas ao grupo almeriense coñecimos o Museo da Ciencia de Cosmocaixa, na falda do Tibidabo onde faláronnos da historia da materia e percorrimos un muro xeolóxico. Pola tarde uns visitaron as Ramblas, Catedral, Sagrada Familia e Barrio Gótico e outros tivemos a sorte de gozar dunha vitoria do Barça fronte o Osasuna no Camp Nou. O día seguinte, os asistentes ao estadio foron sorprendidos gratamente cun xantar en Como en Casa de Fermín, templo gastronómico culé que quedou inmortalizado nunha fotografía co presidente Joan Laporta; moitos lembrarán sempre certas conversacións futbolísticas na sobremesa.

Moitos alumnos e alumnas acudiron tamén a toda unha semana de teatro, no que coñeceron a experiencia do café-teatro pouco habitual en Galiza. Algunhas alumnas e profesores acompañantes lembrarano tamén pola fauna urbana do Barrio do Rabal.

A mañá do xoves destacou por unha longa camiñata no entorno do Parque Güell onde Federico nos explicou as orixes deste proxecto de Gaudí, alí fixemos a foto xeral de grupo como recordo da excursión.

Na última noite houbo certa relaxación horaria tras a dura negociación de Pedro con Carlos. Era preciso aproveitar os lazos de unión entre Viana e Almería.

Na mañá do venres logo dun pequeno enfado nos diriximos a Port Aventura e gastamos os derradeiros folgos nunha xornada de lecer no parque caracterizada polo bo tempo que nos permitiu desfrutar das atraccións acuáticas e das colas para algunha delas.

A viaxe tocaba ao seu fin pero restaba outra longa viaxe por estradas aragonesas, sorianas, etc., que se nos pasaron entre doces soños.

Ás 8 da mañá do sábado chegamos a Viana para durmir horas e horas aínda que sorprendentemente moitos recuperaron a forma na noite do sábado para contar nos pubs as anécdotas da viaxe.

luns, 17 de maio de 2010

LETRAS GALEGAS 2010


Marbillosa imaxe a que nos ofrecen os nosos compañeiros Lidia e Ramón en colaboración co alumnado de 2º ESO.

xoves, 6 de maio de 2010

CRITIQUE DE CINÉMA: PERSEPOLIS

On aime le cinéma français et la liberté d´expression! C´est pourquoi, lors de la semaine de la presse dans notre lycée qui a eu lieu en même temps que le jour de la femme, les élèves de français de 1º BAC avons regardé le film Persepolis de Marjane Satrapi et Vincent Paronnaud. Un film qui nous a fait réfléchir sur la situation de la femme, la guerre... et voilà le résultat: nos critiques de cinéma! Bonne lecture!


"Persepolis c´est un film intéressant qui raconte l´histoire d´une femme qui passe par de différentes étapes de sa vie très compliqués. La guerre contre l´Irak, la chute du régime du Shah, la liberté, les vertiges de l´amour et la solitude sont quelques thèmes dont on parle dans le film pour ce qui le fait

Xornadas da Orientación 2010

Agora que para moitas e moitos de vós se achega o momento de decidir sobre o voso futuro académico e profesional, non está de máis lembrar os sabios consellos que nos deron os ponentes das Xornadas de Orientación 2010 do Carlos Casares de Viana. Un amplo abano de participantes o convocado polo Departamento de Orientación, que coordinou o acto. Contamos con representantes da Inspección, das Universidades de Santiago, León e Europea de Madrid, profesores de Ciclos Formativos de O Barco de Valdeorras, mandos de Infantería de Marina e, mesmamente, con outros profesionais que nos contaron as súas experiencias na elección do seu futuro nunha interesantísima mesa redonda.

Aquí queda un pequeno resumo. Material completo, e moito máis, no Departamento de Orientación.

martes, 4 de maio de 2010

Unha alumna do Carlos Casares gaña o III Certame de Relato Carlos Caneiro

A nosa compañeira de 4º da ESO, Clara Ortega Fernández, resultou gañadora do III Certame de Relato Curto Carlos Caneiro, organizado para centros de Secundaria de toda Galicia polo CPI Laureano Prieto de A Gudiña. Clara resultou elexida polo seu magnífico relato "A pequena bohemia", que vos convidamos a ler, e que xurde a partires dunha lectura persoal de O principiño, de Saint-Exupéry. O Premio foi entregado o pasado luns 3 de maio, na Gudiña, polo propio Carlos Caneiro, e consistiu nun Notebook, nun diploma, un lote de libros, e, por suposto, a publicación inminente do seu relato. Clara leu de xeito excelente, aínda que nerviosa pola emoción, o seu texto ante o público asistente. Desde aquí lle damos os parabéns, e animámola a seguir a súa andaina polo vieiro da literatura. ¡Noraboa, Clara! A continuación, o relato gañador:


A PEQUENA BOHEMIA

Cando tiña cinco anos, cada tarde meu pai líame un conto. Un día, mentres me lía “O principiño”, díxenlle: Papa, ti es ese neno, a que si? 

sábado, 1 de maio de 2010

Fallo do certame "Cartas de Amor"

O xurado do certame "Cartas de Amor" vén de emitir o seu fallo:

Categoría 1º e 2º da Eso:

1º. Lois González Alonso
2º. Anduriña Ochoa Blanco

Categoría 2º e 3º da Eso:
1º. Clara Ortega Fernández
2º. Tania Sánchez Gómez

Categoría 1º e 2º de Bacharelato
1º. Irene Gregorio Couso
2º. Iván Prado Alonso

Clic aquí para ler as cartas premiadas.
Parabéns a gañadoras e gañadores.